GALICIA
A Xunta de Galicia licita a reforma da rúa Miño en Salvaterra
A delegada territorial, Ana Ortiz, e a alcaldesa, Marta Valcárcel, visitaron a pasada semana a zona que será obxecto de mellora
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, realizaron o pasado venres venres un percorrido pola rúa Miño, que será reformada nos vindeiros meses para levar a cabo unha mellora das beirarrúas, a rede de saneamento e o alumeado público.
A representante autonómica destacou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, licitou hoxe a obra “Conexión da ponte internacional coa PO-510 (Salvaterra de Miño)” cun orzamento base de 424.313,34 euros.
“Estamos ante un novo investimento da Xunta na área territorial de Vigo co obxectivo de dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal”, sinalou Ana Ortiz.
Para iso acondicionarase un treito final de algo máis de 350 metros cun prazo de execución dos traballos de seis meses. Ademas, indicou que as obras comezarán despois do verano para non entorpecer o tráfico nos accesos de ida e volta na ponte. Actuarase, concretamente, no treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura.
Ana Ortiz sinalou que as obras consisten na pavimentación dos viarios cunha mellora do firme, que inclúe unha capa de regularización; construción das beirarrúas unificando os seus anchos e mellorando e unificando o deseño dos accesos aos garaxes. Tamén levarase a cabo a construción de sumidoiros e rede de alumeado, así como a sinalización horizontal da estrada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129