MUNDO EMPRESA
Nova campaña para mellorar a identificación das enfermidades profesionais das mariscadoras e das redeiras
Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e busca un mellor coñecemento das causas laborais destas patoloxías co fin de que reciban a atención sanitaria axeitada e de que sexa recoñecido este dereito de saúde laboral destes colectivos
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon en marcha unha campaña de sensibilización para mellorar a identificación das enfermidades profesionais das mariscadoras e redeiras co obxectivo de que reciban a atención sanitaria axeitada e de que sexa recoñecido este dereito de saúde laboral destes colectivos. Esta acción, realizada a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), deseñouse e elaborouse por solicitude e en colaboración coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, Anmupesca.
Nesta liña, esta iniciativa busca un mellor coñecemento sobre as enfermidades profesionais, as súas causas laborais e sobre a súa codificación. Tamén, reforzar a obriga de comunicala pola canle establecida para poder confirmar a orixe laboral da enfermidade desde o primeiro momento da atención sanitaria.
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou durante a presentación desta iniciativa que con ela o Goberno galego contribúe a defender os dereitos das mariscadoras e das redeiras pois aborda aspectos que supoñen unha mellora das condicións de traballo nestas actividades.
A campaña está dirixida ás profesionais destes colectivos e inclúe a elaboración de dous documentos en soporte físico e tamén dixital, un para as redeiras e outro para as mariscadoras, co fin de dar seguridade ás persoas destas actividades sobre os dereitos legalmente recoñecidos no ámbito das súas enfermidades profesionais.
Difusión
Para iso inclúen información sobre como as mariscadoras e redeiras poden colaborar cos seus médicos, de maneira que as enfermidades profesionais sexan tratadas como tal e non como enfermidade común, xa que a lexislación contempla unha protección específica de considerarse como profesional.
Ademais os documentos poden ser de utilidade para outros colectivos de mulleres do sector pesqueiro e difundiranse en accións formativas e de sensibilización en colaboración con asociacións de mariscadoras e redeiras e en xornadas explicativas nos lugares que o soliciten a través da web do Issga e redes sociais. Tamén se poderá acceder a eles en formato dixital nas páxinas web do Issga e de Anmupesca.
Na presentación desta iniciativa tamén estivo a xerente do Issga, Adela Quinzá, e a presidenta de Anmupesca así como outras representantes da directiva da asociación á que o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais agradeceu o seu labor a prol da mellora das condicións de traballo das mulleres do sector pesqueiro.
Outras accións
Esta campaña específica súmase a outras accións que desenvolve o Issga como recoñecementos médicos periódicos para coñecer a relación entre a saúde laboral e os riscos no traballo, campañas informativas sobre recomendacións preventivas e xornadas explicativas sobre temáticas de interese das redeiras e das mariscadoras.
Estes colectivos son de actuación prioritaria para o Issga por ter unhas condicións de traballo moi especiais e ser unha actividade moi feminizada que ten como un dos seus principais retos a remuda xeracional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129