A Xunta de Galicia volveu sumarse á campaña 1m2 contra a basuraleza, que este ano chega á súa oitava edición, co obxectivo de reducir a presenza de lixo na natureza e concienciar á poboación sobre a importancia da reciclaxe.
O director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Ramón Boga, acompañado de Bruno de Llano, especialista en xestión local de Ecoembes en Galicia, participou o sábado no concello de Mos nunha das accións colaborativas de limpeza convocadas en todo o país este sábado, en anticipación ao Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño.
Durante a actividade, Ramón Boga subliñou o compromiso da Xunta coa promoción desta iniciativa, que forma parte do Proxecto Libera impulsado por SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes. "O lixo na natureza é un problema que nos afecta a todos e todos debemos formar parte da solución", indicou.
Nesta ocasión, máis de mil voluntarios galegos participaron nas 70 recollidas de lixo organizadas en diferentes quendas por toda Galicia. Concretamente, fixáronse 28 puntos na provincia da Coruña, 3 na de Lugo, 14 en Ourense e 25 en Pontevedra, incluíndo a que organizou o Concello de Mos ás 10:00 horas para limpar a contorna do río Perral.
Estas campañas de sensibilización e mobilización social, mediante accións de voluntariado, contribúen a eliminar dos espazos naturais todo tipo de residuos, como cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos.
Esta nova acción é parte das limpezas periódicas enmarcadas na iniciativa 1m2 polas contornas, que inclúe tamén as accións de 1m2 por praias e mares, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte. O obxectivo non é só liberar a natureza de lixo senón tamén caracterizar e tipificar os residuos encontrados en cada punto de limpeza, a través da aplicación da chamada ciencia cidadá.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22