DEPORTES
Saúl López e Carla Fernández ocupan os tronos principais no Campionato de Galicia XCO de Poio
O autonómico celebrado no circuíto do Monte Castrove coroou a trece bikers
O Cross Country Olímpico alcanzou o punto culminante da súa temporada en Galicia este sábado na localidade pontevedresa de Poio. Trece títulos autonómicos de XCO repartíronse no Monte Castrove e só tres categorías repetiron gañador respecto ao 2023. Un dos que retivo a camisola da Federación Ciclismo Galego foi o vencedor da carreira elite-sub23 masculina, Saúl López (Academia Postal – Maceda), mentres que na proba raíña feminina Carla Fernández (QuéBici-Marcisport) proclamouse por primeira vez campioa nesta especialidade.
Un sol de xustiza aumentou a esixencia dun circuíto con tan boas vistas como duro e nun balcón de luxo sobre a Ría de Pontevedra congregáronse 250 participantes co Poio Bike Club exercendo de anfitrión. O II XCO Poio presentaba como principal novidade a estrea da categoría Infantil no Campionato de Galicia. O seu palmarés encargáronse de inauguralo Paula Fernández (Pulpeiros Mugardos) e Guillermo García (Avanza – O Porriño).
As dúas carreiras elite e sub-23 seguiron diferentes guións. Saúl López revalidou o título con total solvencia. O elite monfortino xa se marchou en solitario na primeira das sete voltas e venceu con 6 minutos e 17 segundos de vantaxe sobre Alberto Pedreira (Bici Verde). O bronce elite obtívoo Miguel Porto (Lynalfa Ponteareas) e co ouro sub-23 fíxose David Fernández (Avanza – O Porriño), que engade este éxito ao rubricado a fin de semana anterior no campionato autonómico de Enduro.
Dos tres bikers que mantiveron as súas coroas, dous pertencen ao Academia Postal – Maceda. Ofrecendo unha exhibición, Alejandro García anotouse a vitoria nos juniors por segundo ano consecutivo. Pola súa banda, o primeiro posto nos cadetes conquistouno Lucas Lozano (XSM).
En canto aos masters, no grupo de idade dos 50 anos Antonio Rodríguez (Ourense Termal) conservou a súa condición de campión de Galicia. As outras categorías domináronas Manuel Ángel Parada (Xesteiras) nos máster-30, Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) nos máster-40 e Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) nos máster-60. Todos eles impuxéronse con autoridade.
Nova raíña
Con títulos autonómicos de Estrada e Ciclocrós, a elite Carla Fernández enriqueceu o seu palmarés coa especialidade olímpica da bicicleta de montaña. O seu primeiro Campionato de XCO conseguiuno no mesmo evento no que xa triunfara no 2023. A diferenza de Saúl López, que tamén vencera en Poio no 2023, a viguesa tivo que sufrir ata o final. A segunda clasificada Raquel Román (Bici Verde) cruzou a liña de meta só 20” despois de que o fixera a ciclista do QuéBici-Marcisport. Xunto a elas subiu ao podio elite Rebeca Fontela (Máis Que Bicis).
Os mellores parciais femininos da xornada marcounos a gañadora júnior Lorena Patiño (XSM), que non deu opcións a Aroa Otero (Supermercados Froiz), defensora da coroa, nin a Marta Estévez (XSM), actual líder da Copa Galicia, segunda e terceira respectivamente. Máis igualada estivo a proba cadete con Iris Santana (Coruxo) decantando ao seu favor o duelo que mantivo con Lara Pita (Cambre).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188