AS NEVES
O consello da Xunta aproba o proxecto de reforma do cruzamento de setados na PO-400 nas Neves
Autorízanse as expropiación para actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía autonómica, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés
O Consello da Xunta vén de acordar hoxe a aprobación do proxecto de reforma do cruzamento de Setados na estrada PO-400, no concello das Neves.
O investimento que o Goberno galego destinará á actuación na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía autonómica, punto de acceso principal á parroquia de Setados, superará os 460.000 euros.
A aprobación definitiva da actualización deste proxecto construtivo leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos 8 predios necesarios para executar esta intervención.
A actuación autorizada hoxe polo Executivo autonómico ten como obxectivo mellorar as condicións dese cruzamento de Setados, co fin de aumentar a visibilidade e reforzar a seguridade viaria nos movementos de tráfico. Isto permite acometer unha intervención máis ampla, tras terse executado hai uns anos pequenas actuacións destinadas a mellorar a contorna.
En concreto, a actuación consistirá na substitución da intersección actual por unha con carrís centrais de espera (aceleración e deceleración), que permita realizar manobras cun maior grao de seguridade.
O cruzamento actual da PO-400 coa vía municipal que conecta cos núcleos da Laxe e da Igrexa presenta na actualidade problemas de visibilidade, está moi próximo a unha vivenda e hai un cambio de rasante próximo.
Tendo en conta iso, a actuación que a Xunta se propón executar supón desprazar a intersección ata o punto quilométrico 10+035, é dicir, uns 55 metros.
Iso fai posible ampliar a calzada para dar cabida aos carrís de xiro e aos de acceso, asegurando a visibilidade dos vehículos que entran e saen da parroquia de Setados.
Ademais desa ampliación da calzada da PO-400 e do desprazamento do cruzamento, a intervención deseñada inclúe o desvío para conectar a vía municipal coa estrada autonómica de forma segura.
A intervención de mellora da intersección inclúe alumeado público, ampliando a rede existente na travesía da PO-400 ata a zona de intersección.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas realizará a convocatoria dos actos expropiatorios no 2º semestre deste ano, para poder licitar, a continuación, as obras, e inicialas no segundo trimestre de 2025. O prazo de execución dos traballos é de 4 meses.
O Goberno galego continúa mellorando a rede viaria autonómica para reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios, así como para impulsar unha mobilidade máis sostible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129