GALICIA
Sae a licitación un estudo da distribución do Sapoconcho Común, en perigo de extinción
O contrato, cofinanciado con fondos europeos do Programa Galicia Feder 2021-2027, conta cun orzamento de preto de 25.000 euros e permitirá actualizar a información dispoñible sobre as poboacións desta especie en distintas zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra
A Xunta de Galicia sacou a licitación un contrato para actualizar a información relativa á distribución e abundancia en Galicia do sapoconcho común (Emys orbicularis), especie incluída no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de “en perigo de extinción”, no marco do plan de recuperación aprobado no ano 2013.
O contrato comprende a revisión da localización e tamaño das poboacións desta especie seguindo unha metodoloxía especializada baseada na empregada en traballos científicos previos e en melloras metodolóxicas recentes, como o emprego de sistemas dixitais de identificación individual, o que permitirá avaliar a tendencia das poboacións.
Esta acción enmárcase nos programas de seguimento periódico e vixilancia do estado de conservación das especies e dos hábitats establecido na Directiva Hábitats, responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Os traballos desenvolveranse en distintas zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. Concretamente, nas bacías dos ríos ourensáns Arnoia (concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas) e Avia (Ribadavia, Beade, Leiro e Cenlle) así como nas Gándaras de Budiño, na bacía do río Louro, en Pontevedra (O Porriño, Tui e Salceda de Caselas). Na Coruña os estudos levaranse a cabo no Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e completaranse en áreas de Ourense nas que recentemente se detectou a presenza de sapoconcho común: os concellos de Allariz, Baños de Molgas, O Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Xunqueira de Ambía.
Esta actuación, cofinanciada nun 60% con fondos europeos do Programa Galicia Feder 2021-2027, terá un prazo de execución de cinco meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129