TUI
Aberta a ponte sobre regato Fonte do Febreiro en Paramos
Dende hai uns días está xa operativa a ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos. En abril comezaron as obras de reconstrución desta infraestrutura que que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023, obrigando daquela a cortar o tráfico rodado.
Tras os traballos executados pola empresa Servicios Medioambientales del Miño S.L. a ponte abriuse de novo tanto ao tráfico de vehículos coma de peóns. Este paso é moi usado pola veciñanza así coma polas persoas que percorren a senda PRG-19 entre Tui e Caldelas. Precisamente dentro desta actuación marcouse o percorrido de senda peonil.
O investimento ascendeu a 48.188, 24€, financiado ao abeiro das Subvencións para a reparación dos danos causados polas inundacións sucedidas nos concellos da provincia de Pontevedra da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129