GALICIA
O Consello de Seguridade Nuclear inspeccionará 37 instalacións radioactivas en Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e representantes do CSN fixeron balance da planificación de 2023 e da folla de ruta deste 2024
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión da comisión mixta de seguimento entre o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) e a Xunta. Por parte do CSN asistiron, entre outros representantes, o secretario xeral da entidade, Pablo Martín, e o director técnico de Protección Radiolóxica Operacional (DPR), Javier Zarzuela.
O obxectivo deste encontro é avaliar a encomenda de xestión que o CSN atribúe ao Goberno galego para que exerza no seu ámbito territorial controis e inspeccións neste ámbito. Así, representantes de ambas institucións realizaron un balance da execución da planificación do pasado ano, durante o que se cumpriron todos os obxectivos fixados con 67 inspeccións, das que 46 corresponden a instalacións radiactivas e máis dunha vintena a raios X de radiagnóstico médico, polo que ambas partes amosaron a súa satisfacción polos resultados acadados ata o momento.
Ademais, abordouse tamén a planificación deste 2024, que inclúe 37 controis de instalacións radioactivas e 22 de radiodiagnóstico médico.
En materia de transporte, o ano pasado leváronse a cabo tres controis relacionados co transporte de material de radiactivo -dous de radiofármacos ou fontes de aplicación industrial e un relacionado coa xestión de actividades dunha radiofarmacia ou ciclotrón- e para este 2024 están planificadas cinco.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129