MOS
A Garda Civil demostra o seu traballo ante a comunidade educativa de Mos
A través do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, membros da Compañía de Vigo realizaron esta mañá unha exhibición no CEIP de Atín-Cela ante máis de 250 alumnos/as
Esta mañá o CEIP Atín-Cela acolleu unha visita/exhibición da Garda Civil xestionada a través do Plan Director.
Durante este evento organizado en colaboración coa Garda Civil, incluso o helicóptero do corpo aterrizou nas instalacións do centro.
A cativada de Educación Infantil e Primaria presente na actividade, un total de 258 alumnos e alumnas, puido gozar de exhibicións de diferentes especialidades desenvolvidas pola Garda Civil: Seguridade cidadá, Equipo pegaso (dron), Policía Xudicial, Fiscal e Fronteiras, Gedex, Seprona, Tráfico, Uhel (helicóptero), e Cinológico (2 cans detectores de drogas).
A iniciativa consistiu na realización dunha exhibición de medios da Garda Civil, levada a cabo pola Compañía de Vigo e o Plan Director. O que se pretende coas exhibicións, segundo informaron dende a propia Compañía da Garda Civil, é achegar aos nenos/as ao corpo Garda Civil e que poidan ver de preto o traballo que nel se realiza.
O Plan Director consiste nunha ferramenta para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas e ten como principal obxectivo a coordinación entre a comunidade educativa e as Forzas e Corpos de Seguridade, para dotar aos máis mozos do coñecemento e as ferramentas necesarias, en aras de previr ou detectar situacións de risco que poidan afectar á súa seguridade.
Tamén pretende sensibilizar ao alumnado sobre o respecto aos dereitos fundamentais e os valores da igualdade e dignidade humana. Asó como formar na detección precoz da delincuencia ou dunha posible victimización.
Coas iniciativas do Plan Director poténciase o Centro Educativo, como elemento decisorio que intervén na aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos/as. E poténciase o coñecemento en pautas de prevención e identificación de incidentes.
Para elo impúlsanse este tipo de actividades formativas e informativas adaptadas ao nivel dos participantes. Favorécese a colaboración coa comunidade educativa para a elaboración de protocolos de actuación e dentro desta colaboración atópanse exhibicións e demostracións como a desenvolvida hoxe nas instalacións do CEIP de Atín-Cela.
Á mesma asistiron representantes municipais entre os que se atopaban a concelleira de Educación, Julia Loureiro, o de Igualdade, Leo Costas, e o tamén edil mosense Evaristo Ucha.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116