GALICIA
A Xunta salienta a súa aposta polo equilibrio entre a conservación e o desenvolvemento dos sectores produtivos
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático participou no Encontro Virtual Xunta-UE sobre A lei de restauración da natureza: Unha protección reforzada da biodiversidade europea
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reiterou nesta semana a aposta do Goberno galego por garantir o equilibrio entre a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento dos sectores produtivos.
Durante a súa participación no Encontro Virtual Xunta-UE sobre A lei de restauración da natureza: Unha protección reforzada da biodiversidade europea, organizado pola Fundación Galicia Europa, a conselleira incidiu na importancia de consolidar a Comunidade como un refuxio climático e un lugar idóneo para vivir.
Nesa liña, Ángeles Vázquez avogou porque a lei de restauración da natureza que se está a tramitar na Unión Europea garanta a “convivencia entre a protección da riqueza ambiental da Comunidade e o futuro das principais actividades económicas que se levan a cabo no territorio”.
Máis polo miúdo, a conselleira considerou que esa lei, ademais de establecer obxectivos realistas, debe evitar limiares que sitúen o sector primario europeo en desvantaxe competitiva co resto dos continentes. Así, a representante autonómica solicitou que a norma europea vaia acompañada dunha avaliación previa do impacto que podería ter sobre a produción de alimentos en Europa en relación con outros países.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129