Vigo
Todo un verán de obras e retencións para arreglar a autovía Vigo – O Porriño
Caballero anuncia que a reparación dos baches da autovía Vigo - O Porriño comezarán “este mes de xuño” e se prolongarán “todo o verán”
Cando faltan catro días para as elección ao Parlamento europeo o Alcalde de Vigo asegura que neste mes de xuño o Goberno de Pedro Sánchez iniciará as obras de reparación e asfaltado das autovías da contorna de Vigo: A-55, A-52 e VG20, segundo avanzou hoxe o alcalde. O Ministerio de Transportes realizará unha contratación de emerxencia, “vai afrontar coa máxima celeridade posible, e vai achegar 6 millóns de euros á reforma en profundidade das autovías”, afirmou Abel Caballero.
O rexedor avanzou que ante a gran envergadura da intervención a realizar nos viais que conectan a Vigo con Porriño e Ponteareas, A-55, A-52, e a VG20, o asfaltado dalgúns tramos realizaranse pola noite para minimizar o impacto sobre a circulación. Tamén explicou que as obras se prolongarán durante todo o verán.
Culpa dos baches a Rajoy
Caballero lembrou este mércores que o importante deterioro dalgúns tramos das tres autovías débese ao prolongado período de tempo, “e singularmente de forma notable gobernando Mariano Rajoy”, no que non se realizou mantemento. “De feito, no mandato de Rajoy o mantemento das estradas foi o mínimo que houbo nunca historicamente”, recalcou o alcalde ao destacar a importancia de realizar este tipo de obras nunha área cunha intensa pluviosidade.
O rexedor lembrou que o goberno abordou co entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a construción dun túnel desde Vigo ao Porriño “para evitar este tramo tremendo” recibindo como resposta do titular da administración galega “que non facía falta, que estaba estupendo o que había”.
Caballero destacou que o Goberno de España duplicou, no último orzamento, o mantemento da rede de estradas, dedicando 6 millóns á reforma en profundidade das tres autovías de acceso a Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22