Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos fomenta a reciclaxe de pilas

Distribúe novos contedores de recollida de pilas polas 10 parroquias mosenses

Coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente que hoxe se celebra, o Concello de Mos a través da iniciativa CoidaMos comeza a a distribuír novos contedores de pilas nas 10 parroquias mosenses baixo o lema ‘Apila aquí as túas pilas’.

 

 

A colocación distrubuirase en diferentes ubicacións para garantir polo menos un punto de recollida en cada unha das parroquias de Mos. Todos os puntos de recollida foron dados de alta desde a concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos na plataforma de OfiPilas polo que queda garantida a recollida periódica das pilas desbotadas pola veciñanza.

 

Os devanditos puntos nos que se procede á instalación destes novos contedores son a Axencia de Colocación de Mos na parroquia de Tameiga, o Pazo de Mos na parroquia de Mos, o Centro Cultural de Torroso en Torroso, os Centros Culturais de Herville e Celado na parroquia de Cela, o Local Social de Dornelas en Dornelas, o Local Social de Guizán na parroquia de Guizán, no local da Comunidade de Montes de Louredo en Louredo, no Centro Cultural e AVV Nosa Terra en Pereiras, na Asociación Ledicia de Sanguiñeda e no Leroy Merlin (ambos na parroquia de Sanguiñeda); e na parroquia de Petelos na Casa do Concello e no edificio Multiusos das Pozas.

 

Neste senso desde a concellería responsable desta iniciativa apúntase a importancia da reciclaxe, e máis cando se trata de elementos contaminantes coma as pilas e/ou acumuladores portátiles. E considerouse importante poñer en marcha esta iniciativa precisamente coincidindo co Día do Medio Ambiente, para facela máis visible.

 

OfiPilas, a Oficina de Coordinación dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de Pilas e Acumuladores, creou a plataforma para a coordinación da xestión dos residuos de pilas e acumuladores portátiles que está integrada na European Recycling Platform e colabora tamén con Ecopilas.

 

Esta plataforma é unha ferramenta web de procura do punto de recollida máis próximo para depositar os residuos de pilas: “Mapa de puntos de recollida” que conta tamén cunha ferramenta de xestión para as Entidades Locais participantes, tal é o caso do Concello de Mos, de xeito que OfiPilas centraliza e coordina os procesos de recollida e transporte destes residuos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.