Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 07 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O colexio Hermanos Quiroga do Porriño celebra o seu 50º aniversario

Na celebración homenaxeouse aos fundadores e manifestouse o desexo de seguir medrando xuntos

Onte conmemorouse o 50º aniversario do colexio Hermanos Quiroga, nun acto moi emotivo nas instalacións do centro. Ao evento asistiron o alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto con membros do goberno municipal, a inspectora de Educación da zona, Rosalía Polo Cal, directores e representantes doutros centros educativos do Porriño, así como antiguos profesores e alumnos.

 


Durante o acto, lembrouse con moito agarimo a figura de D. Eladio Quiroga Rodríguez, un dos fundadores e director do colexio ata o seu falecemento no ano 1999; e púsoxe en valor a figura do mestre/a como educador e acompañante na vida dos alumnos e alumnas, motivador en moitas facetas da vida, non só a académica.


A directora, Loli Barciela Castro, o profesor e antiguo alumno Alberto Alcalde, e os alumnos actuais recordaron aqueles tempos nos que “cando gañaba o Celta, Lolita (María Dolores Quiroga, profesora do centro e irmá de D. Eladio) prolongaba o recreo 5 minutos”. Barciela transmitíu o desexo da dirección do centro de “seguir medrando xuntos”.


A coral do colexio amenizou o evento, que incluíu unha exposición de fotografías e materiais de estos 50 anos de historia e o descubrimento dun monolito en forma de globo terráqueo feito por Godoy Maceira.


Alejandro Lorenzo saliantou o “labor que se fai desde os centros educativos, que ademais de impartir as disciplinas académicas, ensinan valores, que é o máis importante na vida”.


50 anos de historia dun colexio que comezou cunha academia
D. Eladio, xunto coas súas irmás Beatriz, María del Carmen e María Dolores (Lolita), as tres mestras de Educación Infantil e Primaria, abriron unha pequena academia na rúa Ramináns do Porriño a finais da década dos 60. Uns anos mais tarde, o alumnado vai incrementando e D. Eladio e as súas irmáns fundan o Colexio Hermanos Quiroga Rodríguez, nun pequeno edificio no centro da vila e usando o Parque do Cristo como patio do colexio. No 1974 o colexio trasládase ao seu edificio actual, e pouco a pouco vanse engadindo fincas anexas para ampliar as zonas de deporte e ocio do colexio. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.