Mos
O Escape Room de Mos adíase ao 16 de xuño por causas meteorolóxicas
Por causas meteorolóxicas, o escape room de Mos adiarase ao domingo 16 de xuño ás 11.00 horas. As persoas xa inscritas nesta actividade non deben volver a rexistrarse.
Mos prepárase para descubrir todo o que rodea á Festa da Rosa no novo desafío ‘Eureka Reto Rural’, un programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A través deste programa, estanse a realizar xogos de escapismo temáticos, dixitais e ao aire libre no territorio. Esta actividade ofrece unha inmersión fascinante na riqueza cultural e histórica, deseñada para todos os públicos e totalmente de balde, coa que o público xa está explorando os máis variados recunchos dos 14 concellos participantes.
O escape room partirá ás 11.00 horas do Pazo de Mos nunha ruta circular de dificultade moderada e accesible. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Ademais de poder realizarse o día de estreo, este escape room permanecerá aberto e accesible para o público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño para que calquera persoa poida desfrutar da experiencia.
O equipo que consiga superar a proba no menor tempo posible gañará unha visita e experiencia no taller de orfebrería Areladefe, en Oia, para coñecer á artesa ao fronte do proxecto, Fé González. A experiencia incluirá a elaboración dunha peza sinxela para levar como lembranza e un paseo guiado á beira do mar seguindo o tramo do Camiño Portugués da Costa entre o Mosteiro de Oia e as Orellidas para ir descubrindo ‘As lendas do Camiño’ e contemplar o solpor nos petróglifos da Pedreira acompañados dunha guía turística local.
Ademais, entre todas as persoas participantes, o Concello de Mos sorteará 6 lotes valorados en 150 euros de produtos naturais de Luffadermm, un proxecto dos centros EVD Galicia. Esta institución relixiosa sen ánimo de lucro da Congregación Escravas da Virxe Dolorosa ten como misión promover a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual, facilitándolles apoios individualizados de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116