VIGO
O IES Santa Irene de Vigo renova a súa biblioteca escolar grazas ao financiamento da Xunta
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa asiste á inauguración deste espazo, unha actuación que se acomete a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiron a semana pasada á inauguración da nova biblioteca do Instituto IES Santa Irene de Vigo, que a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) da Xunta de Galicia puido acometer obras de renovación e ampliación deste lugar.
Con esta actuación, o centro recupera unha parte do espazo da biblioteca que antes estaba dedicada a almacenaxe de arquivos e, agora, será empregada como sala de consultas e traballo. Esta nova zona complementa, así, ao outro gran espazo da biblioteca escolar onde se desenvolven as actividades de lectura. “A iniciativa ten un mérito especial ao tratarse dun centro histórico no corazón da cidade de Vigo”, sinalou Judith Fernández.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, a través do Plambe, leva investido na biblioteca escolar do IES Santa Irene máis de 28.000 euros. Un orzamento co que puido renovar o mobiliario e a tarima, ademais de adquirir material informático para dotar o espazo de novas tecnoloxías.
820 centros no Plambe
O Plambe ten como obxectivo mellorar estes espazos educativos que exercen “un papel fundamental na mellora das competencias académicas do alumnado e contribúen a reforzar a calidade do conxunto do sistema”, indicou a representante da Xunta. Coa mellora dos seus recursos búscase impulsar a comprensión lectora, o uso das bibliotecas como laboratorios creativos de aprendizaxe ou o estímulo do hábito lector entre toda a comunidade escolar.
Este curso, o Goberno galego repartiu un total de 1,5M€ entre 820 centros educativos, dos que 28 foron de nova incorporación. Grazas ao financiamento da Consellería, os novos centros actualizaron os seus fondos documentais, renovaron mobiliario e adquiriron novo equipamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129