GALICIA
A Xunta aborda na comisión de recursos naturais os avances na previsión e loita contra incendios forestais
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu en Lousã, no distrito de Coimbra, ao encontro ‘Paisaxes naturais e desenvolvemento sostible’
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nunha reunión fora da sede habitual en Bruxelas da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións. O encontro foi organizado pola Cámara Municipal de Lousã, no distrito portugués de Coimbra, e tivo como principal obxectivo explicar aos membros do Comité os avances na previsión e loita contras lumes forestais nesta área. O director xeral, aproveitou para explicar as actuación recentes de Galicia neste campo.
Esta mañá coñecéronse os proxectos europeos desenvolvidos no Aeródromo Municipal de Lousã: o Laboratorio de Estudos en Incendios Forestais (LEIF), a Escola Nacional de Bombeiros (ENB) e o Centro de Recursos Aéreos (CMA), da man do anfitrión e organizador da visita, o presidente da Cámara Municipal de Lousã, Luis Antunes. O aeródromo está situado nunha área montañosa que fai especialmente complexa as actividades da loita contra lumes por mor da orografía do terreo, e é pioneira a nivel europeo nesta clase de traballos.
Posteriormente os membros do Comité dirixíronse á Vila do Esquisto en Cerdeira, onde visitaron o Proxecto da Vila do Esquisto, a Casa da Creatividade de Cerdeira, Safe Village, Safe People e a Planta de Esquisto. Todos estes proxectos están orientados a poñer e valor e ao reciclaxe das industrias adicadas á extración deste mineral.
Comité Europeo das Rexións
Neste sétimo mandato do CdR, que deu comezo a principios de 2020, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores. NAT prepara os ditames dos municipios e rexións europeas en áreas como pesca, o turismo ou a saúde pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188