Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 11 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas inicia o desenvolvemento do plan especial de Xinzo

O Concello de Ponteareas dá resposta a unha demanda histórica das veciñas e veciños

O Concello de Ponteareas dá resposta a unha demanda histórica e inicia as xestións para o desenvolvemento do plan especial de ordenación do núcleo rural PEONR Nº A Portela, Xinzo. Trátase duns terreos baleiros situados ao pé da estrada N-120, no entorno da Igrexa de Santa Mariña, o Campo de Festas e o Centro Cultural de Xinzo que agora serán destinados a usos dotacionais.

 

 

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, informa que se aprobou inicialmente o plan especial e, solicitados os informes sectoriais de patrimonio e estradas, ábrese o período de información pública nun prazo de 2 meses despois da súa publicación no  DOG. Esta aprobación permite comezar a traballar para transformar este solo e facer posible grandes proxectos moi necesarios para a mellora da calidade de vida das e dos veciños de Xinzo.

 

A parroquia de Xinzo, con máis de mil douscentos habitantes, viñan demandando dende hai anos equipamentos básicos para desenvolver actividades diarias e servizos de coidados enfocados aos seus maiores.

 

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, adianta que nos vindeiros días contactarán con todos os e as propietarias do ámbito, sendo a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo, a propietaria maioritaria co 47,55% da superficie privada do polígono. Xuntos traballarán para facer posibles novos equipamentos para a cidadanía, tal e como xa prevé o Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM) para esta bolsa de solo dotacional.


Alcaldesa e concelleira de Urbanismo explican que, de acordo coas previsións do PXOM de Ponteareas, o Plan Especial A Portela ten como finalidade establecer a ordenación detallada do ámbito e dotalo dunha estrutura urbanística, mellorar a conectividade e accesibilidade e a rede de servizos existentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.