O PORRIÑO
Hoxe abre o prazo de inscrición para o campamento de verán 2024 do Concello do Porriño
Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos cumpridos e terá lugar entre o 1 de xullo e o 8 de agosto
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de inscrición este luns día 10 de xuño para o “Campamento de verán 2024”, dirixido á cativada entre 3 e 12 anos cumpridos, para axudar a conciliación da vida persoal e laboral.
O Concello pon a disposición de forma gratuíta un total de 50 prazas por semana para rapaces e rapazas que desexen disfrutar do verán facendo actividades e xogos nas instalacións municipais durante as mañás de xullo e parte de agosto. O campamento terá lugar entre o 1 de xullo e o 8 de agosto en horario de 8:30 a 14:00 horas. Os solicitantes poderán escoller as semanas que máis lles interese e, de haber máis solicitantes que prazas, se fará unha selección seguindo o baremo e a orde de inscrición, xa publicados na páxina web do Concello.
A presentación das solicitudes está aberta desde o 10 de xuño ás 9:00 horas e rematará o 17 de xuño ás 8:59 horas. Poderá realizarse por sede electrónica ou presencialmente por rexistro; neste último caso, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Carolina González, Concelleira de Igualdade, apunta que “un ano máis apostamos pola conciliación e apoiamos as familias para que, mentres os proxenitores traballan, a cativanza disfrute facendo diversas actividades e socializando nun ambiente seguro”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60