GALICIA
A Xunta anima ás persoas maiores a vivir unha xubilación activa e chea de actividades
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no acto de diplomatura do programa universitario de maiores ‘IV Ciclo’
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no acto de diplomatura do programa universitario de maiores IV Ciclo que o Goberno galego impulsa coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante o encontro, que tivo lugar en Ribeira, o director xeral animou os maiores a seguir vivindo unha xubilación activa, chea de actividades e na que sacien a súa curiosidade e ganas de aprender.
Antón Acevedo lembrou que o Goberno galego está adaptando as súas políticas ás novas necesidades das persoas maiores. Neste sentido, apuntou que cumprir os 65 anos non implica na actualidade converterse en potencial dependente, senón que é unha oportunidade para vivir máis, emprender novos proxectos ou recuperar vellos soños. Por iso, a Xunta está a impulsar máis programas e axudas que lles permitan a todos eles ter unha xubilación activa que responsa as súas preferencias.
O Goberno galego está a enviar aos fogares dos máis de 700.000 galegos maiores de 65 anos o Carné +65. Un carné 100% gratuíto que lles permite optar a descontos, viaxes e outras actividades do seu interese. Ademais, a Xunta segue a reforzar o programa Benestar en Balnearios, que ofrece estadías en complexos termais de toda a Comunidade; ou tamén dos programas de formación como este IV Ciclo, que lles axudan a estar activos e seguir formándose.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129