Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 09 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anuncia mobilizacións para defender á veciñanza afectada pola A55

Á altura das curvas de Tameiga concéntranse os maiores problemas, e atópase nun estado lamentable que non pode continuar por máis tempo, expresan desde o goberno local mosense

O equipo de goberno do Concello de Mos, encabezado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, pronunciouse novamente sobre o estado da A-55 ao seu paso pola localidade mosense, ante a desesperación manifesta que comeza a facerse insostible entre a veciñanza da parroquia de Tameiga.

 


Aínda que recentemente se anunciou o asfaltado integral da Autovía durante o vindeiro verán “non nos cremos xa as promesas do Goberno Central que leva anos incumprindo e a día de hoxe a situación é xa límite”, declaran desde o Concello mosense. É por elo que anuncian que se iniciou a organización da convocatoria dunha mobilización veciñal de protesta que se celebrará proximamente e o antes posible, para esixir ao Ministerio de Transportes a mellora inmediata da totalidade da A-55 na que se xogan a vida 60.000 condutores a diario e na que o asfalto se atopa nun estado lamentable, cheo de buracos.


Os maiores problemas concéntranse á altura das curvas de Tameiga en dirección a Tui, na contorna da saída 10, zona na que as fochancas reaparecen nos mesmos puntos nos que se parchea.


“Desde o Ministerio non parecen ter pensado poñerlle fin ao mal estado da autovía A-55 máis aló de tratamento puntuais e insuficientes, polo que desde Mos estamos xa fartos e anunciamos unha vindeira mobilización para esixir unha solución intergral, eficaz e inmediata”, informaron a alcaldesa e o seu goberno local.


“Como unha autovía que é o Eixo vertebrador da área metropolitana e pola que pasan milleiros de condutores a diario pode estar nun estado tan lamentable? Fochancas, falla de visibilidade, de iluminación e de sinalización… esa é a realidade da A55. Unha realidade da que somos testemuñas os mosenses todos os días. Reclamamos que o Ministerio asuma dunha vez por todas o digno mantemento da A55 asignándolle a correspondente e necesaria partida económica, posto que se trata dunha das vías máis perigosas e deterioradas de España, con maior sinistralidade e, paradóxicamente, das que máis recada en multas por radar. Polo que esiximos a inversión pertinente para que sexa segura e non unha autovía tercermundista como é actualmente. E para esixilo, chegou agora o momento de movilizarnos, visto que non nos queda outra alternativa”, concluíu Arévalo, rexedora local mosense.


Mos leva anos facendo reclamacións sobre a A55 que sempre foron desoídas polo Ministerio, sen ir máis lonxe aprobouse por unanimidade no Pleno de xaneiro deste ano unha moción para instar a Transportes a solucionar a problemática das infraestruturas viarias que atravesan o Concello. O óptimo mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e a liberación da peaxe da AP9 en O Porriño, foron algunhas das reclamacións que se lle realizaron ao Ministerio tras a aprobación da moción plenaria e sobre as que nin se pronunciou nin actuou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.