Mos
Nace a Orde dos Valedores da Rosa
Recibirán a insignia e farán o xuramento sobre o Libro de Honra da Rosa o vindeiro 13 de xuño, festivo local
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, fixo o anuncio dunha importante novidade vencellada á Festa da Rosa de Mos, a creación da ORDE DOS VALEDORES DA ROSA DE MOS. A rexedora local mosense explicou que “creamos esta Orde para continuar a impulsar o simbolismo e a importancia da Rosa de Mos nesta nova etapa que comezamos coa 51 Edición, tras medio século de historia da Festa da Rosa”.
Así mesmo Arévalo informou de que a Orde está creada no ámbito local e galego pero sen límites territoriais. “Este ano nomeamos ás 6 primeiras persoas Valedoras da Rosa da historia de Mos ás que, o Día da Rosa, 13 de xuño, lles imporemos a insignia da Rosa de Mos e asinarán o Libro de Honra da Rosa, así como farán o xuramento de fidelidade á Rosa, adquirindo os 10 compromisos rexistrados no Decálogo da Valeduría da Rosa de Mos”, comenta a alcaldesa, quen tamén destaca que “como alcaldesa síntome enormemente emocionada de poder entregar este merecido título de Valedores/as a estes 6 primeiros nomeados que son persoeiros que tiveron e teñen un papel fundamental na difusión, historia, cultura e progreso do Concello de Mos”.
Os 6 primeiros Valedores/as integrantes da Orde da Rosa de Mos son:
![[Img #89102]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/2374_foto_1-uxia-horizontal.jpg)
Dona Uxía Dominguez Senlle, (Sanguiñeda, Mos, 19 de novembro de 1962) artista mosense coñecida como Uxía.
![[Img #89103]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/2224_foto_2-justo-jose-gonzalez-ballesta.jpg)
Don Justo José Gonzalez Ballesta, (Lugo, 9 de outubro de 1951) médico e político galego, alcalde de Mos no periodo comprendido entre 1986 – 1989 e 1991 – 1997.
![[Img #89104]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/4501_foto-3-luis-quinteiro-horizontal.jpg)
Don Luis Quinteiro Fiuza (Sabrexo, 26 de xuño de 1947) sacerdote católico español de Santiago de Compostela (1999-2002), bispo de Ourense (2002-2010) e bispo de Tui-Vigo (2010-2024).
![[Img #89105]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/4430_foto-4-rogelio-garrido-garcia-horizontal.jpg)
Don Rogelio Garrido García (Vigo 1968) periodista, director de 'Faro de Vigo' desde 2019.
![[Img #89106]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/4157_foto_-5jose-lopez-horizontal.jpg)
Don José López Campos (A Estrada o 22 de marzo de 1974) político galego, alcalde da Estrada desde 2011 a 2024 e actual Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.
![[Img #89107]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/3502_foto-6-ramon-vilanova-presidente-fundacion-pazo-mos-horizontal.jpg)
Fundación Pazo de Mos Como fundación de interese galego, na sección cultura, que contribue á realización de fins de interese xeral, cun derradeiro fin de desenvolvemento de todo tipo de actividades e eventos turístico-culturais, sociais, empresariais e deportivos.
Sobre eles a alcaldesa mosense destacou que “merecen a honra de pasar a inaugurar a Orde dos Valedores da Rosa de Mos polo seu labor e xenerosa colaboración co municipio. Que dicir da nosa artista Uxía ou do ex alcalde Ballesta. Primeiro alcalde que puxo en valor a Rosa, ensalzou a figura e o símbolo emblemático da rosa, e impulsou a Festa como principal celebración do Concello de Mos. Don Luis Quinteiro Fiuza bispo de Tui-Vigo de 2010 a 2024 estivo profundamente vencellado a Mos nestes últimos 14 anos e colaborou activamente facilitando a boa consecución de melloras nas Igrexas e contornas do noso municipio. José López Campos Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, que co seu nomeamento comprometerase velar polo progreso e o futuro do noso municipio dende a súa Consellería e a seguir promocionando a nosa cultura e á nosa mocidade. A Fundación Pazo de Mos como promotora e executora da recuperación da nosa historia: o Pazo de Mos e da súa contorna e Rogelio Garrido García, director de 'Faro de Vigo', que é promotor e difusor esencial e diario da realidade e a actualidade de Mos”.
Decálogo dos Valedores/as
Xuramento de fidelidade á Rosa, que require a adquisición dos 10 compromisos rexistrados no Decálogo da Orde dos Valedores/as da Rosa de Mos:
1. Adquiro o compromiso de visitar Mos (no caso dos Valedores/as que non sexan veciños/as do municipio) e gozar da contemplación dos seus rosais en flor alomenos unha vez ao ano.
2. De compartir experiencias relacionadas coa rosa, a ser posible en Mos, con outros compañeiros/as Valedores/as.
3. De fomentar o recoñecemento da Rosa de Mos como unha das marabillas turísticas de Galicia. Tanto no que respecta á Festa de Interese Turístico de Galicia como nas características dos exemplares florais existentes na localidade.
4. De apoiar de todos os xeitos posibles a difusión, o desenvolvemento e o crecemento da Festa da Rosa de Mos, evento de Interese Autonómico.
5. Promover, para acadar ditos fins, todo tipo de actividades culturais que enxalcen á protagonista obxecto desta orde ou sociedade: a Rosa de Mos.
6. Agasallar, alomenos unha vez ao ano, a un ser querido cunha rosa ou rosas de Mos.
7. Poñer en valor a beleza dos exemplares mosenses desta flor ante persoas que descoñezan o Concello, a súa historia e tradicións, e a súa flora.
8. Dar a coñecer a historia da Rosa de Mos, procedente do Marquesado dos Quirós, fundadores do municipio e coa presencia da rosa no seu escudo heráldico. Varias xeracións de Marqueses de Mos, incluídos os primeiros, atópanse enterrados na Igrexa de Santa Baia.
9. De sentirme fillo adoptivo e establecer lazos de fraternidade coa veciñanza do Concello de Mos (no caso dos Valedores/as que non sexan veciños/as do municipio). De defender e apoiar todo o que teña que ver co municipio e cos seus intereses en xeral. E de facer gala do orgullo mosense por Mos, Galicia, España e polo mundo adiante.
10. Xuro fidelidade vitalicia á Rosa de Mos!

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, fixo o anuncio dunha importante novidade vencellada á Festa da Rosa de Mos, a creación da ORDE DOS VALEDORES DA ROSA DE MOS. A rexedora local mosense explicou que “creamos esta Orde para continuar a impulsar o simbolismo e a importancia da Rosa de Mos nesta nova etapa que comezamos coa 51 Edición, tras medio século de historia da Festa da Rosa”.
Así mesmo Arévalo informou de que a Orde está creada no ámbito local e galego pero sen límites territoriais. “Este ano nomeamos ás 6 primeiras persoas Valedoras da Rosa da historia de Mos ás que, o Día da Rosa, 13 de xuño, lles imporemos a insignia da Rosa de Mos e asinarán o Libro de Honra da Rosa, así como farán o xuramento de fidelidade á Rosa, adquirindo os 10 compromisos rexistrados no Decálogo da Valeduría da Rosa de Mos”, comenta a alcaldesa, quen tamén destaca que “como alcaldesa síntome enormemente emocionada de poder entregar este merecido título de Valedores/as a estes 6 primeiros nomeados que son persoeiros que tiveron e teñen un papel fundamental na difusión, historia, cultura e progreso do Concello de Mos”.
Os 6 primeiros Valedores/as integrantes da Orde da Rosa de Mos son:
Dona Uxía Dominguez Senlle, (Sanguiñeda, Mos, 19 de novembro de 1962) artista mosense coñecida como Uxía.
Don Justo José Gonzalez Ballesta, (Lugo, 9 de outubro de 1951) médico e político galego, alcalde de Mos no periodo comprendido entre 1986 – 1989 e 1991 – 1997.
Don Luis Quinteiro Fiuza (Sabrexo, 26 de xuño de 1947) sacerdote católico español de Santiago de Compostela (1999-2002), bispo de Ourense (2002-2010) e bispo de Tui-Vigo (2010-2024).
Don Rogelio Garrido García (Vigo 1968) periodista, director de 'Faro de Vigo' desde 2019.
Don José López Campos (A Estrada o 22 de marzo de 1974) político galego, alcalde da Estrada desde 2011 a 2024 e actual Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.
Fundación Pazo de Mos Como fundación de interese galego, na sección cultura, que contribue á realización de fins de interese xeral, cun derradeiro fin de desenvolvemento de todo tipo de actividades e eventos turístico-culturais, sociais, empresariais e deportivos.
Sobre eles a alcaldesa mosense destacou que “merecen a honra de pasar a inaugurar a Orde dos Valedores da Rosa de Mos polo seu labor e xenerosa colaboración co municipio. Que dicir da nosa artista Uxía ou do ex alcalde Ballesta. Primeiro alcalde que puxo en valor a Rosa, ensalzou a figura e o símbolo emblemático da rosa, e impulsou a Festa como principal celebración do Concello de Mos. Don Luis Quinteiro Fiuza bispo de Tui-Vigo de 2010 a 2024 estivo profundamente vencellado a Mos nestes últimos 14 anos e colaborou activamente facilitando a boa consecución de melloras nas Igrexas e contornas do noso municipio. José López Campos Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, que co seu nomeamento comprometerase velar polo progreso e o futuro do noso municipio dende a súa Consellería e a seguir promocionando a nosa cultura e á nosa mocidade. A Fundación Pazo de Mos como promotora e executora da recuperación da nosa historia: o Pazo de Mos e da súa contorna e Rogelio Garrido García, director de 'Faro de Vigo', que é promotor e difusor esencial e diario da realidade e a actualidade de Mos”.
Decálogo dos Valedores/as
Xuramento de fidelidade á Rosa, que require a adquisición dos 10 compromisos rexistrados no Decálogo da Orde dos Valedores/as da Rosa de Mos:
1. Adquiro o compromiso de visitar Mos (no caso dos Valedores/as que non sexan veciños/as do municipio) e gozar da contemplación dos seus rosais en flor alomenos unha vez ao ano.
2. De compartir experiencias relacionadas coa rosa, a ser posible en Mos, con outros compañeiros/as Valedores/as.
3. De fomentar o recoñecemento da Rosa de Mos como unha das marabillas turísticas de Galicia. Tanto no que respecta á Festa de Interese Turístico de Galicia como nas características dos exemplares florais existentes na localidade.
4. De apoiar de todos os xeitos posibles a difusión, o desenvolvemento e o crecemento da Festa da Rosa de Mos, evento de Interese Autonómico.
5. Promover, para acadar ditos fins, todo tipo de actividades culturais que enxalcen á protagonista obxecto desta orde ou sociedade: a Rosa de Mos.
6. Agasallar, alomenos unha vez ao ano, a un ser querido cunha rosa ou rosas de Mos.
7. Poñer en valor a beleza dos exemplares mosenses desta flor ante persoas que descoñezan o Concello, a súa historia e tradicións, e a súa flora.
8. Dar a coñecer a historia da Rosa de Mos, procedente do Marquesado dos Quirós, fundadores do municipio e coa presencia da rosa no seu escudo heráldico. Varias xeracións de Marqueses de Mos, incluídos os primeiros, atópanse enterrados na Igrexa de Santa Baia.
9. De sentirme fillo adoptivo e establecer lazos de fraternidade coa veciñanza do Concello de Mos (no caso dos Valedores/as que non sexan veciños/as do municipio). De defender e apoiar todo o que teña que ver co municipio e cos seus intereses en xeral. E de facer gala do orgullo mosense por Mos, Galicia, España e polo mundo adiante.
10. Xuro fidelidade vitalicia á Rosa de Mos!
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188