Martes, 04 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 09 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Programa Xuntas fortalece a igualdade en Salceda, Salvaterra e As Neves

O Programa Xuntas, que este ano celebra a súa terceira edición, está a consolidarse como un referente nas políticas públicas de igualdade en Galicia. Esta iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ofrece un amplo leque de actividades e servizos destinados ás mulleres de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves.

 

 

A nova edición do programa comezou o pasado 21 de maio, ofrecendo un total de 200 horas de actividades, formación e asesoramento especializado e personalizado para todas as participantes. Entre as principais actividades destacan a Escola de Benestar e Saúde, accións de formación e empoderamento, actividades culturais e un servizo gratuíto de asesoramento psicolóxico e xurídico.

 

O Programa Xuntas emprega un modelo de xestión compartida, coa presenza dunha Escola de Benestar e Saúde onde se traballará a saúde mental e física a través de diversas actividades como ioga, pilates, mindfullnes e alimentación saudable. Ademais, ofrece un servizo gratuíto de asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral, así como accións de empoderamento a través de cafés debate, obradoiros de emprego, teatro e sensibilización sobre a igualdade de xénero e o cambio climático.

 

Este ano, participarán no Programa Xuntas un total de 70 mulleres, traballando baixo a dirección de 9 profesionais. Esta colaboración entre os tres concellos reflicte un compromiso conxunto coa igualdade e a prevención da violencia de xénero, optimizando os servizos municipais e mellorando a atención ás usuarias.

 

Para máis información e para participar no programa, as persoas interesadas poden contactar co teléfono/WhatsApp 685211882 ou dirixirse ás Concellarías de Igualdade dos tres concellos. Todas as actividades e asesoramentos serán de balde e desenvolveranse equitativamente nos tres concellos.

 

As autoridades municipais destacan que "o traballo en conxunto consolidou o Programa Xuntas como un referente nas políticas de igualdade, ofrecendo resultados moi positivos para as mulleres de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.