O PORRIÑO
Romaric Forques e Natalia Castro, gañadores do IX Tríatlon Concello do Porriño
Romaric Forques e Natalia Castro, triatletas do Cidade de Lugo Fluvial, proclamáronse gañadores do IX Tríatlon Concello do Porriño, cun tempos de 0:55:56 e 1:03:44, respectivamente.
As condicións meteorolóxicas, coa ameaza de choiva e un vento que complicou especialmente o tramo no río, fixeron desta novena edición unha das máis duras ata a data.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo seu homólogo en Tui, Enrique Cabaleiro, e os concelleiros de deportes de ambos os dous concellos, foi o encargado de dar o bocinazo de saída ao primeiro dos grupos na Comandancia Naval do Miño. Ante un público entregado, os triatletas comezaron a competición. Dez minutos despois, foi a quenda das triatletas, que rapidamente colleron o ritmo dos seus compañeiros no Miño. Posteriormente, saíu o grupo popular que, ao igual que o resto dos participantes, completou os 750 metros desta primeira etapa.
En total, foron 170 triatletas os que se enfrontaron ao reto, collendo a bicicleta a seguir para percorrer os 20,22 km que separan a transición de Tui coa do Porriño, onde deixaron as bicis para comezar a última etapa, a carreira a pé, de 5 km ata a meta na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Romaric Forques foi o primeiro en cruzar a meta, seguido do seu compañeiro de club, David González, que rematou a proba 4 segundos despois. O podio masculino completouno Xoel Rodríguez, do Club Deportivo Delikia, cun tempo de 0:56:48.
Na categoría feminina, Natalia Castro logrou a vitoria cun tempo de 1:03:44. Iria Fernández, do Club Tríatlon Vilalba, chegou segunda cun crono de 1:07:29, e Carla Guisande, do Club Tríatlon Diablillos, rematou terceira en 1:08:41.
A entrega de trofeos correu a cargo do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno. Todos coincidiron en eloxiar o tremendo esforzo e traballo dos participantes, así como destacar o labor dos voluntarios e colaboradores, incluíndo a Policía Local e Protección Civil do Porriño e de Tui, e a Comandancia Naval do Miño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60