Galicia
O carácter pioneiro dos equipos batracio de loita contra o lume forestal
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou o carácter pioneiro dos equipos batracio de loita contra o lume forestal cos que conta a Xunta e salientou tamén que “foron ideados e desenvolvidos polo propio persoal do servizo galego de prevención e defensa contra incendios (SPIF)”. Gómez fixo esta reflexión na súa visita, realizada a pasada semana, aos profesionais do distrito forestal VII (A Fonsagrada-Os Ancares), cos que compartiu unha xornada de demostración desta unidade, formada por tractor, cisterna, trituradora multifunción e polidozer –lámina multifunción–.
Neste acto, no que estivo acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, a titular de Medio Rural quixo poñer en valor “o equipo humano que está detrás de cada batracio” porque, remarcou, “as máquinas teñen a súa relevancia, pero son máis importantes as persoas e en particular os integrantes do servizo”. Un equipo que cualificou como “excelente” e recoñecido non só en Galicia senón tamén en toda España e fóra das nosas fronteiras.
Ademais, a conselleira puxo de relevo que estas unidades batracio -a Xunta dispón dun total de 14 destes vehículos- teñen unha gran utilidade en tarefas preventivas, xa que garanten unha maior eficacia e versatilidade para moverse polo monte. Na mesma liña, indicou que a Consellería está desenvolvendo un amplo plan de formación específica para o manexo e a operatividade destes equipos. En total, uns 150 membros do SPIF terán a oportunidade de familiarizarse con estas unidades, mediante seis cursos monográficos que se están a desenvolver no polígono de Botos, en Lalín, que se utiliza como taller mecanizado centralizado e centro loxístico para o parque móbil do servizo.
Labores de prevención e defensa
Neste sentido, a conselleira enmarcou estas actuacións nos labores de prevención e defensa fronte o lume, que -trasladou- se intensifican nestas datas, na véspera da chegada da tempada de alto risco de lumes, que coincide co verán. Neste contexto, Gómez lembrou algunhas das novidades e melloras introducidas na actualización do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, o Pladiga 2024.
Así, mencionou a incorporación de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes, que poden realizar traballos de prevención e de extinción, a creación de 44 novos puntos de auga en todo o territorio galego ou a entrada en servizo da nova base transfronteiriza de medios aéreos de Verín-Oímbra. Recordou, así mesmo, que o dispositivo contará con máis de 7.000 efectivos, apoiados por 30 medios aéreos e 380 motobombas.
Ademais, nesta visita a conselleira quixo recoñecer, de novo, a profesionalidade e o esforzo de todo o persoal de loita contra o lume. Salientou, a maiores, a importancia de contar con medios axeitados, modernos e dinámicos, como é o caso dos batracios, “para apoiar ao factor humano, que sempre é o eixo central do operativo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60