TUI
Tui conmemora os 25 anos do primeiro monumento colectivo á memoria dos represaliados
Este sábado inaugúrase unha exposición e o domingo 30 haberá un acto na Alameda de San Domingo
O 27 de xuño de 1999 inaugurábase na Alameda de San Domingos o Monumento aos Represaliados, obra do escultor Silverio Rivas, por iniciativa da Comisión cidadá pola Verdade do 36. Este mes, cando se cumpre o 25 aniversario daquela data, haberá dous actos conmemorativos. O primeiro será este sábado, 15 de xuño, na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez, coa inauguración dunha exposición, e o segundo o domingo 30 na propia Alameda de San Domingo. O programa de actos conmemorativo, organizado Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, e o Concello de Tui, presentouse esta mañá na casa do concello de Tui.
Participaron na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente; a presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, Helena Pousa, xunto ao director da actual Comisión e que formou parte da Comisión Cidadá pola Verdade do 36, Ramón Fernández Leal, e a comisaria da exposición, Cuqui Piñeiro.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “o Concello de Tui, coma institución, non podía ser alleo á conmemoración deste aniversario”, subliñando como o levantamento do monumento tudense foi “un acto pioneiro de memoria histórica”. Tivo palabras de recoñecemento para Antonio Fernández Rocha, alcalde de Tui no momento en que se ergueu o monumento, “que foi plenamente consciente da necesidade de render tributo ás persoas represaliadas polo franquismo no ano 36 en determinados lugares deste concello, que sufriu coma ningún outro a represión franquista dunha forma brutal”. Aquel acto, dicía, “foi meritorio dende o punto de vista social e político”. O alcalde destacou que o Concello quere ser parte moi activa da conmemoración deste aniversario e fixo un chamamento á cidadanía para acudir aos actos, salientando que cumpren tres obxectivos: “lembrar o papel pioneiro da sociedade civil de Tui e da comarca na recuperación e rehabilitación da memoria dos numerosos veciños e foráneos que foron vítimas da represión durante os tempos da guerra civil e a ditadura de Franco; manter acesa esa memoria ao abeiro do establecido na Lei de Memoria Democrática; e promover a vontade de recuperación mediante actividades de dinamización cultural que contribúan a unha implicación ampla da cidadanía tudense e da súa contorna nesta celebración”.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indicou “a importancia de seguir recuperando a nosa memoria histórica”, subliñando que o Concello de Tui tiña que estar presente nestes actos conmemorativos.
Helena Pousa explicou que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña deu continuidade ao traballo realizado pola Comisión pola Verdade do 36, e que parte dos membros daquela comisión creada a finais dos 90 están presentes nesta outra asociación.
Ramón Fernández Leal, que foi directivo da Comisión pola Verdade do 36 fundada en 1996, explicou que “este foi o primeiro monumento de carácter colectivo en Galicia de memoria histórica”. Os actos conmemorativos deste 25 aniversario consistirán nunha exposición que será inaugurada este sábado, ás 20 h na Sala Municipal e un acto na Alameda o 30 de xuño, ás 12 h, con tres apartados: un musical no que participarán o grupo Os Carballas e Samuel Diz; un poético con Pepe Cáccamo, Cecilia Riobó, Francisco Álvarez Koki e Cristal Méndez, e a intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, as escritoras Marga do Val e María Reimóndez, e o escritor e xornalista Jose Viale Moutinho. Lembrou coma a Comisión pola Verdade do 36 foi a primeira en Galicia na recuperación da memoria histórica.
Cuqui Piñeiro, comisaria da exposición, explicou que a mostra estará dividida en catro apartados: o relato da Comisión Cidadá pola Verdade do 36, a exposición dos pintores que formaron parte da poxa para recadar os cartos para o monumento, unha homenaxe a Silverio Rivas e ao monumento, e por último, unha semblanza dos represaliados, que se recollerá tamén no catálogo da exposición.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129