Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 16:09:04 horas

Xornal21.es
Jueves, 13 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

As Rutas de Natureza proseguen este domingo cun roteiro pola senda do río Tripes

As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Turismo

Este domingo, 16 de xuño, proseguen as Rutas de Natureza organizadas polo Concello de Tui cun roteiro pola senda dos muíños do Tripes. O punto de partida será a área recreativa de Circos, en Pazos de Reis, ás 10 h.

 

Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio, guiará este percorrido circular de 5 quilómetros e dificultade baixa. As persoas asistentes poderán percorrer esta  contorna natural do río Tripes e visitar os muíños do Tripes, un conxunto de muíños hidráulicos de gran valor patrimonial. Algúns deles estará en funcionamento, e está prevista unha degustación de papas de millo.

 

Para participar na ruta é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Tui, en turismo@tui.gal  ou no teléfono 677 41 84 05.

 

Con este percorrido pola Senda dos Muíños do Tripes proseguen as rutas iniciadas o pasado mes de maio, e que están a contar con gran acollida. As seguintes citas serán o Roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade o domingo 23, e a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño prevista para o domingo 30. A inscrición pode realizarse tamén na Oficina de Turismo.


Data: Domingo 16 de xuño
Hora: 10.00 h
Lugar de saída: Área Recreativa de Circos
Distancia: 5 quilómetros
Dificultade: Baixa
Duración: 3 horas
Inscricións: Oficina de Turismo de Tui, turismo@tui.gal, ou teléfono 677 41 84 05
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.