Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 13 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón renuncia como concelleira socialista de Salceda de Caselas

A voceira socialista continuará á fronte da agrupación socialista como secretaria xeral

A concelleira e voceira do grupo municipal socialista Verónica Tourón presentou oficialmente a súa renuncia como edil da corporación municipal.

 


A súa renuncia formal responde a unha decisión persoal. “A miña firme convicción de que as persoas que nos dedicamos á política deben renovarse nos cargos públicos e creo que é o momento de dar paso a novas persoas nunha transición sosegada, tranquila e con total apoio aos novos compañeiros que formarán o grupo municipal nesta lexislatura”. Por outra banda, actualmente estou inmersa nun novo proxecto profesional que require plena dedicación.


Nas distintas reunións celebradas nos últimos meses, a executiva local trasladou en todo momento o agradecemento ao traballo realizado pola ex-alcaldesa durante os 9 anos que desempeñou o cargo de concelleira, tanto no seu inicio como voceira do grupo municipal na oposición, e sobre todo na última lexislatura na que Verónica Tourón foi a primeira alcaldesa socialista de Salceda. Do mesmo xeito a militancia e simpatizantes da Agrupación Municipal Socialista tamén lle amosou o seu agradecemento na Asamblea Xeral celebrada o pasado domingo.


Neste comunicado Verónica Tourón quere agradecer o apoio da veciñanza tanto electoral como persoal, “sen as xentes de Salceda nada do que fixen na miña vida política houbera tido sentido e non tería sido posible. E por suposto, quero agradecer aos meus compañeiros e compañeiras da agrupación, o seu apoio incondicional, sempre sentín que camiñaban comigo na ardua tarefa da política. Somos un gran equipo ó que seguirei acompañando, porque todos eles e elas representan para min o claro exemplo de como se pode servir á cidadanía do teu pobo de maneira digna, humilde e honesta.”


“Foi unha inmensa honra haber exercido como concelleira as dúas últimas lexislaturas e tamén como alcaldesa.  Só cabe o agradecemento a todas as persoas que me permitiron desenvolver o meu cargo e coa satisfacción de habelo desempeñado como mellor puiden, sempre dende a honestidade e poñendo todo o meu esforzo e adicación a disposición da veciñanza, respondendo a cada reto con traballo.”


“Esta renuncia implica haber tido a honra de exercer unha labor especial, que poucas persoas teñen ocasión de desenvolver, en representación da miña xente, da veciñanza de Salceda, e hoxe só podo responder con enorme agradecemento a todas as persoas que me deron a oportunidade de desenvolvela”.


A executiva local traslada que Verónica Tourón seguirá dirixindo a agrupación local, seguirá aportando a súa experiencia e coñecementos para fortalecer o proxecto renovado que queremos construír para Salceda dende o PSdeG-PSOE.


Verónica Tourón, remata cunha reflexión dirixida a todos aquelas persoas que desenvolven a súa labor política no contexto actual:


“A política non debe de ser un mero artificio ausente de principios e de ideas, de populismo, onde a imaxe e a polémica non poden pesar máis ca xestión de goberno para mellorar a vida das persoas. A política debe ser nobre, honesta e limpa, e quen a desenvolve debería ser auténtico exemplo de todo isto para non desvirtuar a principal ferramenta que temos para defender os dereitos de todas e de todos.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.