TOMIÑO
Tomiño alza a voz contra o abuso e maltrato ás persoas maiores
Co gallo do Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez, o Centro de Día tomiñés organiza unha xornada para visibilizar a vulnerabilidade das nosas e nosos maiores
Protexer e apoiar ás persoas maiores durante situacións de crise e emerxencia como catástrofes naturais, pandemias ou conflitos. Ese será o eixo central das reivindicacións do Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez, que Tomiño conmemorará alzando a voz para visibilizar a vulnerabilidade das persoas maiores. Este venres 14 de xuño, o Centro de Día organiza unha xornada de sensibilzación na que usuarias e usuarios do centro unirán forzas con representantes institucionais e veciñanza para visibilizar esta problemática.
Xunto a pancarta conmemorativa que se pendurará do balcón do Concello, a xornada comezará ás 11.00 horas cunha marcha que sairá do Centro de Día ata a Praza do Seixo, onde ás 11.30 horas procederase á lectura dun manifesto de forma participativa por parte de todas e todos os asistentes. Tras o acto, as e os participantes achegaranse aos diferentes establecementos da contorna para deixar folletos cun código QR co que a veciñanza poderá acceder á historia de Elvira, unha persoa usuaria do Centro de Día que contará en primeira persoa a súa experiencia.
A alcaldesa, Sandra González, convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada, xa que “é fundamental que como sociedade nos unamos para protexer e respectar ás nosas e nosos maiores. Este evento é unha chamada á acción e á reflexión, un momento para reafirmar o noso compromiso para salvagardar os dereitos e a dignidade das persoas maiores, garantindo que ninguén quede atrás, moi especialmente en tempos de crise”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22