Galicia
Máis de 23,5M€ para reforzar a seguridade viaria en 130 treitos de estradas autonómicas
O obxectivo é avanzar na “Visión 0” que busca un horizonte sen vítimas de accidentes a longo prazo | Image licensed by © Ingram Image.
A Estratexia de actuación en Treitos de Concentración de Accidentes e Treitos de Alto Potencial de Mellora abarcará o período 2024-2027
A administración galega investirá máis de 23,5 millóns de euros para reforzar a seguridade viaria en 130 treitos ao longo de máis de 500 quilómetros de estradas autonómicas. O Consello da Xunta autorizou a Estratexia de actuación en Treitos de Concentración de Accidentes e Treitos de Alto Potencial de Mellora para o período 2024 - 2027. Esta estratexia será cofinanciada nun 60% con Fondos Feder.
A previsión é comezar este ano a execución de obras menores e contratar a redacción de proxectos de tramitación máis longa para desenvolver os traballos nesta lexislatura. O obxectivo é avanzar na "Visión 0", o principio do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que busca un horizonte sen vítimas de accidentes a longo prazo.
Mellora en Treitos de Concentración de Accidentes
A administración galega destinará preto de 6,5 millóns de euros a obras de mellora da seguridade en 21 treitos de concentración de accidentes ao longo de 33,7 km de estradas. Unha vez identificados os treitos de concentración de accidentes na rede autonómica, deseñaranse actuacións para reducir as vítimas. As reformas inclúen interseccións, calmados de tráfico e melloras en pasos de peóns.
Estas intervencións continúan as executadas na primeira Estratexia, que permitiu reducir a sinistralidade nun 60% nos treitos intervidos entre 2016 e 2020. Na primeira fase, actuouse en 52 "puntos negros", mobilizando un orzamento de 14,4 millóns de euros, reformando 119 interseccións viarias, construíndo 24 novas rotondas e mellorando 138 pasos de peóns.
![[Img #89169]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/5251_foto-seguridade_2.jpg)
Seguridade en Treitos de Alto Potencial de Mellora
Para o período 2024 - 2027, tamén se programan obras en 109 treitos de alto potencial de mellora ao longo de 480,41 km de vías autonómicas, cun orzamento de máis de 17,2 millóns de euros. Estas obras buscan a eliminación de obstáculos co fin de conseguir "estradas que perdoen" os erros dos condutores e darlles unha segunda oportunidade de volver á calzada.
As intervencións inclúen melloras do firme, optimización da sinalización e o balizamento, mellora dos sistemas de contención, reforzo da iluminación en pasos de peóns, mellora do trazado e interseccións, así como o acondicionamento das marxes.
O obxectivo é avanzar na “Visión 0” que busca un horizonte sen vítimas de accidentes a longo prazo | Image licensed by © Ingram Image.A administración galega investirá máis de 23,5 millóns de euros para reforzar a seguridade viaria en 130 treitos ao longo de máis de 500 quilómetros de estradas autonómicas. O Consello da Xunta autorizou a Estratexia de actuación en Treitos de Concentración de Accidentes e Treitos de Alto Potencial de Mellora para o período 2024 - 2027. Esta estratexia será cofinanciada nun 60% con Fondos Feder.
A previsión é comezar este ano a execución de obras menores e contratar a redacción de proxectos de tramitación máis longa para desenvolver os traballos nesta lexislatura. O obxectivo é avanzar na "Visión 0", o principio do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que busca un horizonte sen vítimas de accidentes a longo prazo.
Mellora en Treitos de Concentración de Accidentes
A administración galega destinará preto de 6,5 millóns de euros a obras de mellora da seguridade en 21 treitos de concentración de accidentes ao longo de 33,7 km de estradas. Unha vez identificados os treitos de concentración de accidentes na rede autonómica, deseñaranse actuacións para reducir as vítimas. As reformas inclúen interseccións, calmados de tráfico e melloras en pasos de peóns.
Estas intervencións continúan as executadas na primeira Estratexia, que permitiu reducir a sinistralidade nun 60% nos treitos intervidos entre 2016 e 2020. Na primeira fase, actuouse en 52 "puntos negros", mobilizando un orzamento de 14,4 millóns de euros, reformando 119 interseccións viarias, construíndo 24 novas rotondas e mellorando 138 pasos de peóns.
![[Img #89169]](https://xornal21.com/upload/images/06_2024/5251_foto-seguridade_2.jpg)
Seguridade en Treitos de Alto Potencial de Mellora
Para o período 2024 - 2027, tamén se programan obras en 109 treitos de alto potencial de mellora ao longo de 480,41 km de vías autonómicas, cun orzamento de máis de 17,2 millóns de euros. Estas obras buscan a eliminación de obstáculos co fin de conseguir "estradas que perdoen" os erros dos condutores e darlles unha segunda oportunidade de volver á calzada.
As intervencións inclúen melloras do firme, optimización da sinalización e o balizamento, mellora dos sistemas de contención, reforzo da iluminación en pasos de peóns, mellora do trazado e interseccións, así como o acondicionamento das marxes.
































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217