MOS
A Xunta felicita ao Colexio Lar premiado no certame Galicons-net
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o tenente de alcaldesa do Concello de Mos, Camilo Grandal, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, visitou o Colexio Lar, premiado no certame autonómico Galicons-Net de fomento do consumo responsable e sostible. Alí os representantes locais e autonómicos felicitaron ao alumnado que realizou o proxecto, galardoado con 1.500 euros na categoría da ESO (12 a 14 anos) e que se denomina Por un consumo informado e responsable.
Este certame recoñece traballos de innovación educativa sobre cuestións como consumo e xénero, linguaxe publicitaria, comercio electrónico, servizos financeiros ou etiquetaxe de bens e produtos. Nesta liña, o director xeral defendeu a necesidade de practicar un consumo responsable e sostible tendo sempre en conta os dereitos dos consumidores nun mercado cada vez máis global e dixital.
O alumnado de 3º da ESO do LAR gañou a categoría B cun proxecto sobre etiquetaxe de produtos.
Os alumnos e alumnas estiveron moitos meses traballando e buscando información co obxectivo da concienciación dos consumidores, incidindo na importancia de estar informados, entender as etiquetas e ser conscientes das pequenas trampas que ás veces se esconden nelas.
O traballo galardoado inclúese dentro do proxecto Ecolar, a través do cal o centro adopta un enfoque integral cara á sustentabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22