PONTEAREAS
O goberno de Ponteareas supervisa os traballos de limpeza do Río Tea
O obxectivo xeral destas actuacións é garantir a continuidade fluvial dos leitos
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, desprazáronse á zona da Freixa para supervisar os traballos de limpeza e mellora da capacidade de desaugadoiro do río Tea que está executando a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico.ç
Esta era unha das prioridades do goberno municipal ao ser o río Tea un dos eixos vertebradores do concello e un punto de alto valor mediambiental, contribuindo tamén con estes traballos a evitar un bo número de incidencias cando se producen choivas intensas. Alcaldesa e concelleira amosan a súa satisfacción pola pronta resposta do organismo ante a demanda realizada polo Concello.
O grupo empresarial público, TRAGSA, é o encargado de realizar os traballos de desbroce, proceder a desatascar os puntos obstruídos pola maleza e os restos acumulados da tempada invernal e do seu posterior tratamento.
O obxectivo xeral destas actuacións é garantir a continuidade fluvial dos leitos e para iso realízanse traballos de roza selectiva de matogueira perimetral, poda e clarexo de ramas baixas e curta sanitaria de pés secos para evitar tapóns nas infraestruturas de paso.
En zonas que así o requiren, procédese á estabilización de marxes e loita contra especies invasoras que poidan afectar o estado das masas de auga. Ademais, retiranse os residuos sólidos urbanos presentes, sobre todo, en tramos urbanos.
A alcaldesa adianta que estes traballos están planificados para actuar primeiro nas zonas de praia e rematar os traballos antes da tempada de baño. Ademais, salienta a necesidade de preparar o río de cara á próxima tempada invernal e
así atenuar as incidencias derivadas da climatoloxía adversa. Pola súa banda, a concelleira explica que se actuará no tramo A Freixa-Moscadeira ao longo destes dous meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129