Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 20 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O concello de Nigrán ofrece unha segunda cita con Carlos Núñez no Solpor de Monteferro

O aforo para o sábado 3 de agosto está esgotado, polo que o gaiteiro internacional anuncia esta nova oportunidade. As entradas están xa á venda a través de Ataquilla

O Concello de Nigrán ofrece una segunda oportunidade para ver este verán ao mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo: Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro coincidindo co xa famoso solpor cara o Oceáno Atlántico e as Illas Cíes e Estelas. O espectáculo, que forma parte da programación estival do Concello de Nigrán e conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do 'Plan + Provincia', repetirase o domingo 4 de agosto ás 20:30 horas ao terse esgotado as entradas anunciadas a semana pasada para o sábado 3 de agosto á mesma hora. Os tickets xa están á venda a través de Ataquilla cun prezo de 25 €.

 


Como cada ano desde 2020 coa súa xira 'Lugares Máxicos', o obxectivo do gaiteiro internacional é enfeitizar aos asistentes grazas a especial sinerxia da súa música coa natureza e o momento do crepúsculo. A novidade desta edición é que presenta novo disco, 'Celtic Sea', froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano. O tema estrela que dá nome ao disco é unha 'sinfonía' de 40 minutos con músicas de todas as rexións atlánticas, unidas por elementos comúns ás músicas celtas desde hai séculos ou milenios, como o bagpipe rhythm (ritmo de gaita) ou a harmonía binaria de double tonic.


"'Tocar Celtic Sea' en Monteferro resulta moi inspirador para min porque estamos precisamente cara o Oceano Atlántico, nun dos lugares máis fermosos de Galicia, e no momento máxico do solpor. A localización é insuperable e, sen dúbida, o disco aquí soará nunha simbiose sublime coa contorna”, resume Carlos Núñez.


"Monteferro e Carlos Núñez forman unha fusión perfecta, estamos moi orgullosos poder contar cada ano co mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo; cada concerto aquí é unha experiencia inesquecible", incide o alcalde, Juan González.


Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo sen impacto algún, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa propia natureza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.