GALICIA
Luz verde para comezar co desmantelamento da térmica das Pontes
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, presidiu unha reunión de traballo no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, presidiu esta semana unha reunión de traballo no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes. Un encontro ao que asistiron representantes de Endesa; os sindicatos CCOO, UGT e CIG; o Concello de As Pontes e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.
O obxectivo da xuntanza era coñecer de primeira man o estado no que se encontra nestes momentos o plan de traballo das tarefas de predesmantelamento e desmantelamento da térmica pontesa. Unha transición que, segundo explicou Lorenzana tras o encontro, se producirá entre os días 15 e 20 deste mes de xuño.
Nesta liña, a conselleira subliñou que a Xunta emitiu en prazo a totalidade dos informes sectoriais necesarios para a emisión da licenza que permita comezar co desmantelamento e louvou o traballo conxunto entre administracións para sacar adiante toda a parte de tramitación administrativa en tempo. Segundo apuntou, agora tan só resta que Endesa atenda o requirimento efectuado polo Concello das Pontes para obter o permiso para poder continuar coas tarefas. “Se se cumpre ese requirimento, estaría en prazo para comezar nesas datas eses novos traballos que darían continuidade ao emprego”, insistiu.
“O que pretendemos é garantir a totalidade dos empregos dos traballadores da industria auxiliar da térmica pontesa – subliñou a conselleira de Economía e Industria - e obtivemos o compromiso de Endesa de realizar a formación de prevención de riscos laborais durante este mes para que todos os traballadores que interviñeron durante a fase de predesmantelamento estean en condicións de poder pasar a esa fase de desmantelamento e sobre todo que se inicien canto antes estes novos traballos”, engadiu.
Nesta liña, María Jesús Lorenzana apuntou que a empresa anunciou a súa intención de, unha vez obtida a licenza para a realización da segunda fase, a de desmantelamento, axilizar todos os trámites previos á contratación do persoal traballador. Nomeadamente, o Plan de residuos e o Plan de seguridade e saúde laboral co obxectivo, subliñou a titular de Economía e Industria, de que “os contratos se poidan encadear da maneira máis áxil”.
Finalmente, Lorenzana manifestou que o Goberno galego “continuará traballando en todos os proxectos industriais que se teñen que ir instalando nesta zona de As Pontes” e que deberían de ir acompasados coas tarefas de desmantelamento da térmica pontesa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217