Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 16 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O alcalde de Nigrán viaxe a Manchester co CEIP Humberto Juanes

O centro educativo nigranés leva dúas décadas realizando intercambios co colexio Saint John´s, polo que os lazos entre ambas veciñanzas son moi estreitos

O alcalde de Nigrán, Juan González, viaxou  esta semana a Manchester (Reino Unido) co alumnado de intercambio do CEIP Humberto Juanes para propoñer oficialmente un irmandamento entre o distrito de Chorlton no que se atopa o Colexio Saint John´s e o municipio tras prácticamente 2 décadas de experiencia compartida (a máis lonxeva no noso municipio).

 

 

"Este mañá mantiven un encontro coa concelleira laborista Tina Kirwin-McGinley na que tamén nos indicou o seu interese en facer oficial estes lazos que unen xa a dous xeracións de ingleses e de nigraneses e consideramos  comezar o irmandamento directamente co distrito de Chorlton para, máis adiante, facelo efectivo con toda a cidade de Manchester, porque outros colexios de Nigrán manteñen intercambios con distritos diferentes dentro desta mesma cidade", explica o alcalde, Juan González, quen regresa mañá mesmo despois dunha viaxe lóstrego que o alumnado nigranés gozará ata o martes 18.

 

O CEIP Plurilingüe Humberto Juanes cumpre 19 anos de intercambio lingüístico-cultural con Manchester, en concreto co co colexio Saint John’s do barrio de Chorlton, o que se traduce en máis de 600 alumnos ingleses recibidos coas súas familias (neste caso os menores viaxan con cadanseu tutor/a). O intercambio comezou sendo ‘só’ un contacto epistolar entre o alumnado de 5º e 6º e hoxe en día está xa instaurado no día a día do centro nigranés e supón un selo de identidade. En todos os casos, as criazas de Nigrán  alóxanse en casa de familias e durante toda a semana participan nunha ampla programación socioculural. Por diante teñen actividades como a visita ao estadio Etihad do Manchester City, ao Museo de Ciencias e Industria ou a partidos de criket, ademais de gozar de obradoiros de música, deporte, artes... e, por suposto, de pasar tempo con cadansúa familia acolledora. Os ingleses estiveron en abril no noso municipio.

 

“Nigrán é moi coñecido en Manchester grazas a estes intercambios que nos achegan culturalmente e que permiten establecer lazos de amizade para toda a vida, cada verán recibimos turistas ingleses por este motivo. Estamos moi orgullosos de ser receptores de alumnado de fóra e tamén de que acollan aos nosos fillos, por iso queremos dar un paso máis cun irmandamento”, subliña o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.