TUI
A piscina municipal de Tui abre as súas portas
Mantense o horario e prezos de temporadas anteriores. Ao remate da temporada estival iniciaranse as obras de mellora das instalacións
Están xa preparadas para unha nova temporada estival as piscinas municipais de Tui. Tras as obras de mantemento e posta a punto da instalación este sábado as piscinas abrirán as súas portas ao público. Este servizo contará co horario habitual doutras temporadas que será de luns a venres de 13.30 a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.
Non varían tampouco os prezos. A entrada individual de adulto terá un prezo de 2€ e a infantil para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e a de persoas xubiladas será de 1,5€. Unha temporada máis haberá bonos de baños cun prezo de 40€/persoas adultas e 35€/infantil e de persoas xubiladas.
A piscina permanecerá aberta ata o domingo 9 de setembro.
Rematada a temporada estival comezarán as obras de reforma e mellora das instalacións que serán subvencionadas polo Consello Superior de Deportes cunha achega de 197.489,35 euros con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O proxecto a executar permitirá actualizar este servizo con actuacións que redundarán na mellora da eficiencia enerxética solucionando os problemas de perda de auga , renovando os equipos técnicos e mellorando a infraestrutura exterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22