Esta fin de semana, o TerraCeo prepárase para dous dos eventos máis esperados da tempada. Por unha banda, Christina Rosenvinge chega mañá venres 14 de xuño (21.00 horas) para presentar o seu último traballo, "Los versos Sáficos", un disco no que a artista inspírase na obra literaria e o poemario de Safo de Lesbos, poetisa grega que viviu na illa do mesmo nome alá polos séculos VI e VII. E doutra banda, o sábado 15 de xuño (21.00 horas), a lendaria banda The Jayhawks, recoñecida mundialmente polo seu impacto no folk rock e o rock alternativo, ofrecerá unha segunda xornada inesquecible cos seus clásicos atemporales. Abrirá a velada a talentosa cantautora canadense Meghan Maike, cuxo estilo único e ecléctico engadirá unha dimensión especial a esta velada musical. Ambos concertos celebraranse no hall do Mar de Vigo debido ás condicións climáticas adversas para esta fin de semana. Moita humidade, nubes baixas e precipitacións.
Christina Rosenvinge, unha figura destacada na música española e internacional, gañouse o recoñecemento polo seu profundo enfoque lírico e a súa capacidade de reinventarse en cada traballo. "Los Versos Sáficos", o seu último álbum, non é unha excepción, explorando novas fronteiras emocionais e musicais coa súa característica elegancia e sensibilidade, un disco no que a artista inspírase na obra literaria e o poemario de Safo de Lesbos, poetisa grega que viviu na illa do mesmo nome alá polos séculos VI e VII. Este álbum foi aclamado pola crítica e polos seus seguidores, quen eloxiou a maneira en que Rosenvinge logra combinar poesía con melodías envolventes, creando un ambiente íntimo e reflexivo en cada canción. Cunha carreira que abarca décadas, Rosenvinge segue sendo unha das voces imprescindibles da música en español e os seus directos son capaces de encandear tanto como o primeiro día.
Pola súa banda, The Jayhawks, liderados por Gary Louris, chegan ao TerraCeo cun repertorio que abarca máis de corenta anos de influencia no panorama musical. Co seu estilo inconfundible que mestura folk rock, country e melodías pop, a banda continúa a día de hoxe deixando unha pegada indeleble na música alternativa. Aínda que o seu último álbum, "Xoxo” data de 2020, a banda promete unha selección de clásicos que inclúen temas emblemáticos como "Blue", "Save It for a Rainy Day" e "Quiet Corners & Empty Spaces". A música de The Jayhawks é coñecida polas súas harmonías exquisitas e letras evocadoras, capturando a esencia da vida americana cunha profundidade emocional que ecoa na súa audiencia. Complementando esta velada, a canadense Meghan Maike abrirá a noite coa súa mestura única de folk e country, traendo consigo historias persoais que se reflicten en cada acorde e palabra, creando así unha atmosfera perfecta para a segunda xornada do TerraCeo.
|
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129