O PORRIÑO
O Gran Premio Concello do Porriño chega este domingo á súa cuarta edición
A proba ciclista arrancará ás 10:30 h na avda. Domingo Bueno
Centos de ciclistas volverán rodar no Porriño na gran Volta ao Val. O domingo 16 de xuño disputarase a cuarta edición do Gran Premio Concello do Porriño Élite e Sub-23, organizado polo Club Master da Louriña en colaboración co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deporte, Abel Estevez, presentaron a proba acompañados polo presidente do club organizador, Juan José Álvarez, e o representante do patrocinador privado Lasal, Rafael Pérez.
Como cada ano contará cun atractivo percorrido e moi coñecido polos aficionados locais, con tres subidas (San Cosme e Abelenda por dúas veces) e un total de 140 quilómetros con saída e chegada no Porriño. A proba, será puntuable para o ranking nacional e a Copa de Galicia de Estrada.
O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, destacou unha vez máis o “esmero e coidado que o club e todos os que o forman poñen en cada un dos eventos que organizan. É un selo de calidade”.
Pola súa banda, o presidente do club organizador, Juan Álvarez, convidou a todo o mundo a disfrutar da proba “a tradicional e reclamada volta ao val”. Álvarez explicou que “un dos puntos quentes será a meta volante, en Baiona”.
O representante de Lasal, Rafael Pérez, explicou que para el que é “un gran apaixoado do ciclismo e do ciclismo porriñés en concreto, ver rodar centos de bicicletas pola vila é un orgullo, ver como se consolida esta proba nacional e ver correr aos nosos coa élite do ciclismo galego é moi satisfactorio”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu emprazando a toda a veciñanza a vir este domingo ao Porriño a “disfrutar desta proba referente do ciclismo galego e do ciclismo porriñés” e agradeceu á organización e patrocinadores o “enorme esforzo que fan para que poidamos disfrutar no pobo de eventos deportivos de este nivel”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129