SALCEDA DE CASELAS
A primeira promoción de bacharelato de Salceda gradúase no Pazo Pegullal
O Pazo Pegullal foi o marco escollido para a celebración da graduación da primeira promoción de bacharelato de Salceda na tarde do pasado venres 14, un acto sen dúbida inesquecible para os 49 rapaces e rapazas que celebraron o remate dos seus estudos de bacharelato no IES Pedras Rubias. O acto tiña sen dúbida un carácter especial, por ser esta a primeira promoción en rematar os seus estudos de bacharelato en Salceda tras a súa implantación no curso 2022/2023. Na mente do alumnado, ao igual que na do profesorado, estaba sen dúbida a mágoa por non poder ter estreado o novo edificio que se está a rematar de construir para acoller as vindeiras promocións, pero tamén o orgullo de ser a primeira promoción de bacharelato do municipio.
Foi un acto emotivo, pero ante todo un acto divertido, pensado por e para o alumnado, que gozou coas intervención dos seus mestres e mestras, pero tamén dos seus compañeiros e compañeiras, amenizando ademais a velada con música en directo a cargo de Breogán, Sara, Javi e Alba, estudantes do mesmo instituto.
No acto, ademais de premiar a promoción de bacharelato, recoñecéronse tamén os mellores expedientes académicos do curso, e entregáronse diferentes agasallos ao profesorado, equipo directivo e alumnado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116