Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación adxudica as visitas guiadas por Areeiro

Serán un total de 132 visitas por ano e pódense solicitar na páxina web do centro dependente da Administración provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar  a adxudicación das visitas guiadas á Estación Fitopatolóxica Areeiro para os próximos 12 meses por 30.366 euros, con posibilidade de prórroga por outros tres anos máis. Serán, en total, 132 visitas por ano e pódense solicitar na páxina web do centro dependente da Administración provincial.

 

 

As visitas, que son gratuítas, para grupos de entre 2 e 30 persoas, teñen unha duración aproximada de dúas horas e poden realizarse desde luns a sábado. Poden solicitarse cunha antelación mínima de dous días naturais e no caso de que participen menores, deberán estar acompañados dunha persoa adulta (nai, pai ou titora) e contar coa autorización asinada no caso de que se trate dunha visita escolar.

 

A Estación Fitopatolóxica Areeiro é un centro de referencia cun alto prestixio a nivel nacional e internacional debido ao seu labor no ámbito da sanidade vexetal, na investigación e experimentación sobre cultivos forestais, agrícolas ou ornamentais como a camelia, e tamén na defensa e conservación do patrimonio vexetal da provincia. O centro conta con laboratorios dedicados ao diagnóstico e investigación das pragas e enfermidades dos vexetais, á edafoloxía e a estudos de cultivos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.