Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
DEPORTES

A Guarda, punto de partida para as Guerreras na súa preparación para os Xogos Olímpicos

As Guerreras arrancan o vindeiro luns, 17 de xuño, o seu periplo cara aos Xogos Olímpicos de París 2024 na Guarda. E é que esta pequena localidade galega, sede do Mecalia Atlético Guardés na liga Guerreiras Iberdrola, é o lugar elixido, froito do seu profundo vínculo co balonmán feminino e dunha afección entregada como poucas.

 

 

O vindeiro martes, 18 de xuño, a cidadanía guardesa terá a primeira oportunidade de mostrar o seu apoio ás xogadoras españolas, xa que está prevista unha recepción oficial no Concello da Guarda a partir das 11:30 h.

 

Durante a súa estancia no concello guardés, o equipo español exercitarase tanto na Sangriña como nas instalacións do Codesal, cun adestramento aberto a adestradores o 21 de xuño, ás 16:30 h. E non soamente a adestradores de balonmán, senón a técnicos doutros deportes tamén, co fin de que teñan acceso ás técnicas e métodos utilizados polo staff que lidera o seleccionador nacional, Ambros Martín.

 

A primeira fase preparatoria das Guerreras conclúe o 23 de xuño, momento a partir do que as integrantes do combinado español gozarán de 72 horas de descanso, antes de regresar ao traballo o 26 de xuño nunha segunda etapa que se desenvolverá tamén na Guarda ata o 3 de xullo. Ademais, nesta segunda fase está previsto que se celebre unha firma de autógrafos previa a unha sesión de adestramento a portas abertas para o público, cuxa data de celebración coñeceremos proximamente.

 

A lista de xogadoras citadas o vindeiro luns na Guarda por Ambros Martín está formada por:

 

  • Portería | Mercedes Casteláns (Costa do Sol Málaga), Nicole Wiggins (OGC Nice Handball) e Darly Zoqbi (SCM Craiova)
  • Central | Carmen Campos (BVB Dortmund), Silvia Arderius (Costa do Sol Málaga) e Alicia Fernández (CS. Rapid Bucuresti)
  • Lateral Dereito | María Prieto (Caixa Rural Aula Valladolid), Paula Arcos (Vipers Kristianstad) e Mireya González (HC Dunarea Braila)
  • Lateral Esquerdo | Lara González (CS Rapid Bucuresti), Danila So Delgado (AtticGo Elxe) e Alexandrina C. Barbosa (Brest Bretagne)
  • Extremo Dereito | Marta López (CS Rapid Bucuresti), Maitane Etxeberria (Super Amase Bera Bera) e Paulina P. Buforn (Conservas Orbe Rubensa Porriño)
  • Extremo Esquerdo | Jennifer Gutiérrez (CSM Bucuresti) e Soledad López (Costa do Sol Málaga)
  • Pivote | Eli Cesáreo (Costa do Sol Málaga), Kaba Gassama (SG BBM Bietigheim) e Lysa Tchaptchet (Vipers Kristianstad)
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.