Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas “+Bosques”

Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes. Comezarán o 6 de xullo coa ruta do Xabriña (Covelo) e rematarán o 28 no Pazo de Lourizán (Pontevedra)

A Deputación de Pontevedra abre este luns 17 de xuño, ás 9:00 horas, o prazo de inscrición para participar nas rutas do mes de xullo do novo programa provincial “+ Bosques”. Serán en total oito percorridos e terán lugar todos os sábados e domingos do mes, comezando o día 6 de xullo coa ruta do Xabriña (Covelo) e rematando o 28 no Pazo de Lourizán (Pontevedra). Os percorridos do mes de xuño, que comezan o día 22 coa ruta do Xabriña, esgotaron en 20 minutos as prazas ofertadas sendo o itinerario pola Illa de Tambo o máis solicitado, recibindo preto dun cento de solicitudes no primeiro minuto.

 

 

En total este novo programa provincial oferta ao longo do verán 40 itinerarios a través de sete espazos de costa e interior da provincia que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Deste xeito, en xullo o programa comeza cun percorrido polo Xabriña, o día 6, e continúa o 7 polo Río Almofrei, os días 13 e 27 por Cabo Udra, o 14 e 21 de xullo polo Carreirón e os días 20 e 28 polo Pazo de Lourizán.  As persoas interesadas deberán cubrir este luns a partir das 9:00 horas da mañá un formulario en liña, con opción de anotarse a persoa que o cubre máis un máximo de tres acompañantes.

 

“+Bosques” continuará en agosto polo Xabriña (3 e 31), polo río Almofrei (4), polo Carreirón (10), por Cabo Udra (11), pola Illa de Tambo (17 e 24) e polo Lago Castiñeiras (18 e 24 de agosto), para as que abrirá a inscrición o 15 de xullo. Xa en setembro “+Bosques” continuará con “baños de bosque” polo río Almofrei (1), Lago Castiñeiras (7 e 29), Xabriña (8), Pazo de Lourizán (14 e 28), Illa de Tambo (15), Cabo Udra (21) e polo Carreirón (22), para os que abrirá a inscrición o 19 de agosto. E os derradeiros percorridos do programa serán en outubro con  rutas polo Cabo Udra (5), polo río Almofrei (6), pola Illa de Tambo (12), polo Lago Castiñeiras (13 e 26), polo Pazo de Lourizán (19 e 27) e polo río Xabriña (20). Neste último caso a inscrición abrirá o 16 de setembro.

 

Todas as rutas pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Deste xeito, promoverase  a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como realizaranse exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia.

 

Xornada de degustación de cociña silvestre

O broche de ouro do programa “+Bosques” será a xornada de degustación de cociña silvestre, que se contempla para o mes de novembro, unha vez rematados os percorridos. Esta actividade, de tres horas de duración, está aberta a todas as persoas participantes nos preto de 40 “baños de bosque” que organiza a Deputación entre xuño e outubro e consistirá nunha recollida de froitos e vexetais silvestres comestibles dos bosques da provincia de Pontevedra, coa súa respectiva identificación e degustación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.