Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 18 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Deputación destinará máis de 650.000 euros aos concellos de menos de 20.000 habitantes para dixitalización

O presidente provincial anunciou que con estes recursos poranse a disposición dos concellos tres novas ferramentas: o novo visor de transparencia, a integración coa Carpeta Cidadá do Estado e a plataforma de indicadores da Axenda Urbana e dos ODS

A Deputación de Pontevedra continúa transformando dixitalmente os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia a través do programa de dixitalización financiado con fondos europeos que beneficia a un total de 50 concellos. Desta maneira, o presidente provincial, Luis López, acaba de anunciar en rolda de prensa que xa están a disposición dos diferentes municipios tres novas ferramentas cun investimento que ascende a 655.000 euros.  “Trala entrega de 640 equipos informáticos a concellos, da posta en marcha da aplicación “Meu Concello” o da a habilitación de Bizum para o pago de taxas e tributos no ORAL, seguimos dando pasos para adiante para que os municipios se sumen ao tren das novas tecnoloxías e da administración dixital”.

 

 

En primeiro lugar, cun investimento de máis de 40.000 € habilitouse un visor de transparencia para 25 concellos, coa finalidade de que cumpran con toda a normativa vixente nesta materia, e por extensión, ofrezan aos cidadáns información en materia de Orzamentos, contratación pública, subvencións e organización do concello. Todo, a través de indicadores medibles, obxectivos e verificables. Poderán acceder a través de <nomedoconcello>.portal-transparencia.org.

 

En segundo lugar, e tras un investimento de 520.000 €, a Deputación ofrece a 48 concellos a integración dos seus sistemas de administración electrónica coa Carpeta Cidadá do Estado, de tal maneira que os veciños teñan un punto único de acceso para consultar expedientes e documentos, facer o seguimento dos trámite, presentar solicitudes ou recibir notificacións administrativas, entre outras.

 

Por último, por medio dun investimento de 95.000 €, 28 concellos terán acceso a unha plataforma con indicadores dos obxectivos estratéxicos da Axenda Urbana e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)  para avaliar o grao de cumprimento dos mesmos. A plataforma disporá de mapas e cadros de mando que lles permitirán coñecer se van na dirección axeitada en sustentabilidade, igualdade, benestar...  e en xeral todos os contidos da Axenda Urbana e dos ODS.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.