Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 18 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Reúnese a Mesa Local de Saúde no Porriño para promover un estilo de vida saúdable

Os axentes sociais e colectivos implicados participaron activamente e propuxeron ideas que o Concello terá en conta para novos proxectos

Onte tivo lugar no Porriño unha mesa local de saúde á que estaban convocados todos as entidades e colectivos implicados do Concello, coa finalidade de detectar as principais necesidades en materia de saúde pública e  promover un estilo de vida saúdable entre a poboación. Esta Mesa pretende poñer o foco sobre os recursos dos que se dispoñe nos diferentes servicios existentes e unha posta en común das ideas e suxestións dos diferentes axentes sociais na procura dun Porriño que potencie hábitos e comportamentos o mais saúdables posibles.

 


Na mesa, presidida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, participaron representantes de diversos centros educativos do municipio e entidades sociais, unha representación do Centro de Saúde e dos distintos departamentos do Concello, todo isto co fin de abordar de maneira transversal unha cuestión de vital importancia para todas e todos.

 
A conselleira de Sanidade, Teresa Veloso, considera que “todo o que se poida aportar á hora de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas merece ser tido en conta. As diversas ideas que xurdiron ao longo desta Mesa servirán para implementar novos proxectos”.


Pola súa banda, o rexedor destacou que “a atención á saúde emocional, especialmente da mocidade e da infancia, a promoción de hábitos saudables e a atención das persoas maiores seguen sendo os eixos centrais da nosa estratexia local de promoción da saúde e traballaremos nesa liña”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.