Lunes, 08 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López apoia o “excelente” labor da Asociación Española contra o Cancro na provincia

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, visita a sede da AECC en Pontevedra para asinar un convenio de colaboración que fomenta a atención biopsicosocial ao paciente e aos seus familiares

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñeceu o “excelente” labor que os integrantes da Asociación Española contra o Cancro realizan en toda a provincia para atender ás persoas que sofren esta enfermidade e aos seus familiares nunha visita á sede que este colectivo ten en Pontevedra para asinar un convenio de colaboración que permita a posta en marcha, ao longo deste ano 2024, dun programa de “Atención biopsicosocial ao doente oncolóxico e aos seus familiares” para o que a Deputación achega 15.000 euros.

 

 

Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, o mandatario provincial explicou que a finalidade desta colaboración entre a Deputación e a AECC pasa por “proporcionar unha atención integral á persoa enferma de cancro e a súa familia para mellorar a súa calidade de vida, así como para sensibilizar á poboación sobre a enfermidade”.

 

Entre os obxectivos deste convenio figuran os de minimizar as alteracións emocionais derivadas da enfermidade, favorecer a integración social dos pacientes, previr a aparición dos síntomas desta doenza, contribuír a atender as necesidades básicas das persoas doentes, orientar aos pacientes na procura de recursos sociais ou favorecer o asociacionismo, a incorporación ao mercado laboral e sensibilizar a poboación sobre hábitos de vida sans.

 

Ambas as entidades comparten ademais un espírito municipalista para “construir unha provincia na que vivir moito mellor, porque a AECC chega a case todos os concellos, algo que nós, que somos a casa de todos os concellos, tamén facemos”, salientou o dirixente.

 

“A Deputación está agradecida a AECC por todo o traballo que está a realizar e, pola nosa parte, amosamos a disposición máxima para seguir colaborando en todo o que poidamos facelo”, agradeceu Luis López despois de asinar o acordo e realizar un percorrido polas instalacións dunha asociación na que traballan 28 persoas que prestan unha atención integral aos pacientes e aos seus familiares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.