VIGO
A Xunta inicia un aparcadoiro adicional con 17 novas prazas na avenida de Galicia de Vigo
O Goberno galego avanza no remate da execución das obras de acondicionamento da PO-323 en Teis, centradas nesta 2ª fase en 1,5 km entre o IES e o límite con Redondela
A Xunta vén de iniciar as obras dun aparcadoiro adicional con 17 prazas máis que se sumarán ás xa habilitadas, e tamén en execución, no marco da 2ª fase da humanización da avenida de Galicia en Teis, en Vigo.
O avance das obras desta 2ª fase, no treito de algo máis de 1,5 km, entre o IES e o límite co concello de Redondela e ás que o Goberno galego destina 4,1 M€, permitirá habilitar 3 zonas de aparcamento, téndose xa postas en servizo un dos tres novos aparcamento nesta área do concello de Vigo.
Con esta 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en fase final de execución, búscase fomentar a mobilidade segura e sostible, así como mellorar a mobilidade interna na cidade de Vigo, para o que se realizan conexións coa trama urbana de beiravías existentes e con itinerarios alternativos, como a senda da vía verde.
A actuación inclúe a reposición de pavimento dos itinerarios existentes, a execución de zonas de aparcadoiros e a habilitación de pasos peonís sobreelevados nas interseccións que permitan a interconexión con outros itinerarios peonís. Nas zonas onde o espazo dispoñible o permite disporase arborado.
En canto aos novos aparcadoiros incluídos nestas obras executaranse tres novas zonas cun total de 198 prazas, o que unido ás prazas que se conservarán nas marxes da estrada, implica que haberá un total de 316 prazas no ámbito da obra.
Esta 2ª fase do proxecto de humanización da avenida de Galicia completará as actuacións executadas na 1ª fase de humanización desta vía no treito de 500 metros que vai desde a avenida da Mariña Española ao IES de Teis, e que supuxeron un investimento de 2,5 M€.
O investimento autonómico para a reforma integral da PO-323 en Teis supera os 6,5 millóns de euros.
A Xunta impulsa esta actuación ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration-EU.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20