Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 20 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

XIV Open de Tenis Vila do Corpus no Concello de Ponteareas

170 deportistas de toda España e norte de Portugal exhibirán técnica e destreza nas pistas da Freixa

O Concello de Ponteareas acolle o XIV Open de Tenis Vila do Corpus Memorial Octavio. As pistas de tenis de A Freixa serán escenario de grandes encontros deportivos e da destreza e técnica das e dos case 170 deportistas inscritos que participan neste open considerado un dos mellores de España en canto a número de inscricición e relevancia das e dos participantes.

 

 

Do día 20 ao 30 de xuño haberá competicións nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto masculino. Organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e Deporte Galego da Xunta de Galicia esta cita deportiva repartirá trofeos e mil euros de premios en metálico entre os e as campioas e finalistas e recibirá, entre outros, a dous tenistas que estudan e adestran becados como tenistas en EEUU.

 

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez, agradecen o traballo da organización e recoñecen o éxito deste evento que consigue consolidarse na axenda das e dos tenistas de toda España e norte de Portugal ao longo dos anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.