Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Igaxes sortea unha camiseta firmada de Brais Méndez na súa web

O futbolista da Real Sociedade e a oenegé comprométense na creación de espazos seguros e educativos a través do deporte coas nenas e nenos

Brais Méndez, futbolista da Real Sociedade, e a ONG Igaxes, organizaron un torneo de fútbol praia no marco da campaña "Stop Odio". Neste marco realizarán o sorteo dunha camiseta do número 23 da Real Sociedade firmada. O sorteo abriuse durante o torneo da fin de semana e se publicará a gañadora ou ganador o día 30 de xuño. O evento, que contou coa colaboración do Concello de Nigrán, levouse a cabo o pasado fin de semana, para mozas e mozos entre 12 e 15 anos.

 

 

Durante a fin de semana participaron no torneo 24 equipos chegados de toda Galicia, sumando máis de 200 nenas e nenos, e contou tamén coa presenza de máis de 500 familias. Ademais da competición deportiva, a campaña "Stop Odio" incluíu obradoiros de educación e sensibilización en escolas e clubes deportivos, impartidos polo equipo de psicólogos e educadores sociais de Igaxes. Complementando estas actividades, taméin se presentou unha obra de teatro e unha exposición fotográfica co obxectivo de desestigmatizar á xuventude tutelada.

 

Brais Méndez, destacou a importancia deste tipo de iniciativas: "É fundamental que utilicemos o deporte como unha ferramenta para unir ás persoas e erradicar o odio. A través do fútbol, podemos ensinar valores como o respecto, a inclusión e a tolerancia".

 

Carlos Rosón, director de Igaxes, subliñou o impacto destas actividades: "O noso obxectivo é crear oportunidades e espazos de inclusión para a infancia e a xuventude en risco, espazos seguros onde a mocidade poida aprender sen medo a ser discriminados. A resposta da comunidade foi incrible, e isto só amosa a necesidade e o desexo de cambio na nosa sociedade".

 

A creación de contornas seguras para a infancia a través do deporte é crucial para o crecemento saudable e a formación de valores na mocidade. Brais Méndez, comprometido coa transformación social, amosa que o fútbol pode ser unha poderosa ferramenta para o cambio, promovendo a inclusión e combatendo o discurso de odio.

 

A campaña "Stop Odio" subliña como o deporte pode ser un catalizador para o cambio social e o benestar comunitario. A través do fútbol, fan un chamamento a erradicar os discursos de odio e a construír unha sociedade máis respectuosa, demostrando que o deporte ten o poder de unir e educar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.