VIGO
O BNG demandará no Pleno de Vigo reforzos urxentes no corpo de bombeiros
A fronte nacionalista traslada unha moción para que se garanta o persoal suficiente nos dous parques da cidade e advirte que o servizo vai rematar o ano con 5 efectivos menos
O Bloque Nacionalista Galego demandará no Pleno municipal reforzos urxentes no corpo de bombeiros ante os riscos para a seguridade en Vigo. A fronte nacionalista vén de presentar unha moción para esixir que se garanta o persoal suficiente nos dous parques de bombeiros da cidade e advirte ademais que o servizo vai rematar o ano con 5 efectivos menos dos actuais.
“A falla de efectivos ten unha incidencia directa e grave tanto na organización dos operativos para a atención de situacións de emerxencia”, alertou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurando que a falla de persoal provoca que en practicamente ningunha xornada se cumpra a dotación mínima de 20 bombeiros, fixada polo propio Goberno municipal, con días nos que non superan unha ducia de efectivos.
Igrexas lamentou que o Goberno de Abel Caballero leve ignorando desde hai máis de seis anos as demandas do corpo pola manifesta insuficiencia de medios, que limita a súa capacidade operativa e provoca riscos innecesarios tanto para a cidadanía como para os profesionais des servizo esencial. Unha falla de persoal que é a causa principal dos recorrentes peches do parque de Coruxo o que, a xuízo do Bloque, supón “desprotexer a metade do termo municipal e incrementar perigosamente os tempos de resposta”, sen garantir que cada unha das dúas zonas dispoña no mínimo dunha autoescada e dun vehículo nodriza operativos.
O portavoz municipal do BNG de Vigo lembrou situacións recentes onde a insuficiencia de medios limitaron a resposta do corpo de bombeiros, como o incendio producido no Punto Limpo en setembro de 2023 con só 15 bombeiros activos. “Isto evidencia que no caso de se producir dúas situacións de emerxencia simultaneamente ficaría desbordada”, advertiu.
Dende a fronte nacionalista consideran que nestas condicións non se pode garantir debidamente a seguridade de grandes eventos, como é o caso do Marisquiño, as fogueiras de San Xoán, ou a festa da Reconquista, tal e como teñen advertido as organizacións sindicais. Unha situación que se vai agravar durante o período estival, o de maior risco de lumes, deixando o servizo por debaixo dos mínimos necesarios.
“A pesar das reclamacións reiteradas por parte do persoal do servizo de bombeiros e dos sindicatos, que mesmo provocaron a convocatoria de folga indefinida, o actual Goberno municipal teima en non atender as súas xustas reivindicacións cunha falla de actuación que ameaza con cronificar e agravar o problema”, valorou Igrexas.
Convocatoria propagandística
O portavoz municipal do Bloque cualificou nese sentido de “medida propagandística e radicalmente insuficiente” o recente anuncio da convocatoria de 40 prazas de bombeiros. Desas prazas, 23 delas xa están desempeñando con interinaxes e, tendo en conta os futuros ascensos a mandos de 5 bombeiros e as 17 xubilacións que se van producir este curso, o saldo neto será que o servizo disporá de 5 efectivos menos a final de ano. “Non só non hai reforzo efectivo, senón que a situación empeorará”, lamentou.
Bloqueo dunha declaración institucional por Palestina Tamén en relación ao Pleno municipal do vindeiro luns, o BNG vén de denunciar o bloqueo por parte dos grupos municipais do PSOE (que se abstivo) e do PP (que votou en contra) a unha declaración institucional da Plataforma Cívica pro Dereitos do Pobo Palestino, trasladada polo BNG á Xunta de Portavoces para incorporar na orde do día de sesión plenaria.
Unha proposta de declaración institucional que buscaba que o Pleno da cidade tomara posición para condenar as accións do exército israelí en Gaza e demandar un alto ao fogo inmediato, non recoñecer a ofensiva militar como xustificada baixo o dereito á lexítima defensa e instar ao Estado de Israel a cumprir coas resolucións de Nacións Unidas e o ditame da Corte Penal Internacional sobre o xenocidio.
Nese sentido, Igrexas lembrou que é a segunda ocasión na que o Goberno de Abel Caballero veta unha declaración institucional en solidariedade con Palestina, após bloquear a realizada polo BNG ao Pleno de novembro de 2023, así como do seu veto “indigno” a recoñecer o desempeño da UNRWA coa Medalla da Cidade, tamén a proposta nacionalista. “A indiferenza e o silencio tamén son complicidade, non podemos ficar de brazos cruzados diante do xenocidio do pobo palestino”, remachou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20