GALICIA
A Xunta e usuarios de Renfe coinciden na urxencia de que o Goberno central cumpra os seus compromisos coa liña galega
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa voceira da entidade, Iria Méndez
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa voceira da Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe, Iria Méndez, para coñecer as demandas deste colectivo en relación cos servizos ferroviarios de Galicia e trasladarllas ao Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible. Na reunión participou tamén a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.
O conselleiro informou a Iria Méndez das distintas cartas remitidas ao ministro Óscar Puente, nas que se insistía na urxencia de manter un encontro para abordar as necesidades e carencias das liñas de ferrocarril en Galicia, sen obter resposta. Mesmo a semana pasada, Diego Calvo daba conta no Parlamento de Galicia dos numerosos incumprimentos do Goberno central na materia e instaba á materialización dos compromisos para garantirlle á poboación galega as frecuencias, as prazas e as reducións de tempos de viaxe anunciados.
Nesta liña, a Xunta leva reclamando desde hai tempo ao Ministerio melloras tanto no que se refire aos servizos, mellorando a puntualidade, fiabilidade e aumento de frecuencias no eixe Atlántico, nas conexións interiores de Galicia e da alta velocidade a Madrid, como nas infraestruturas ferroviarias, coa mellora das conexións Coruña-Ferrol-Lugo e Lugo-Ourense, a adecuación aos estándares do Corredor Atlántico da liñas León-Monforte-Ourense-Vigo, e a finalización das obras de alta velocidade dentro de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60