Lunes, 08 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Deputación concede 38.000 euros a Gondomar para acondicionar as pistas das Cercas

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa preto de 3,4 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega para o Concello de Gondomar de 38.000 euros, cos que poderá facer fronte ao acondicionamento das pistas polideportivas das Cercas. Estes recursos pertencen ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros para todos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

 

 

Así, con esta actuación, que ten un orzamento total de 49.904 € e se completa cunha achega municipal de 12.066 €, o Concello de Gondomar centrarase na pista exterior polideportiva, que ten na actualidade un pavimento de cemento moi degradado e extremadamente abrasivo, e en dúas pistas exteriores de tenis cunha pintura deportiva tamén moi degradada. Desta maneira, as obras impulsadas con recursos da Deputación permitirán formar unha nova soleira de formigón armado sobre a pista existente e aplicar unha nova resina deportiva ás pistas de tenis. Ademais, procederase á preparación e sementado de céspede na contorna próxima á finca.

 

Ata o momento, o Goberno provincial mobilizou ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas preto de 3,4 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Gondomar, para A Cañiza, a Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.